Bisbarra, 24 de maio do 2024 – ADEGA asegura que a celulosa que ALTRI quere construír en Palas de Rei converteríase na máis contaminante de todo o estado Español segundo datos sacados da documentación do proxecto.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/05/adega-contaminacion-normal-altri-24-maio-2024_r.jpg)
Nunha rolda de prensa dada en Compostela o do experto en contaminación atmosférica Ramón Varela Díaz aseguro que ALTRI sería a principal emisora estatal de óxidos de nitróxeno e de partículas PM10.
A organización ecoloxista explica que para sacar estas conclusións fixeron unha comparativa entre os datos declarados no Estudo de Impacto Ambiental, EIA, en relación coas doutras plantas de celulosa; estudo que da eses datos xa mencionados.
Na presentación de esta comparativa, este mércores en Compostela, participaron o investigador, Ramón Varela, e Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA. Xunto a eles estivo presente Mónica Cea, da Plataforma Ulloa Viva, quen animou a participar masivamente na manifestación do vindeiro domingo, 26 de maio.
Omisión da pegada de carbono e da maior parte dos contaminantes
Desde ADEGA explican que os datos presentados no EIA por ALTRI non recolle todos os contaminantes “As emisións directas nas celulosas de tecnoloxía Kraft xéranse principalmente en procesos de combustión e orixinan decenas de contaminantes. No EIA do proxecto ALTRI só se cuantifican emisións de 4 deles”.
Segundo o estudo do grupo ecoloxista nin se cuantifican as emisións das partículas finas PM2,5 (problemáticas para a saúde e o medio ambiente), nin de dióxido de carbono e monóxido de carbono “obviando que na queima de codia da madeira, restos de achas, licor negro e lamas de depuradora, tanto para a produción de vapor como para a xeración de electricidade, son focos importantes de emisións de CO2 e CO”.
Ignorar as emisións destes gases de efecto invernadoiro impide coñecer o balanzo da pegada de carbono do proxecto e debería ser suficiente para invalidar o Estudo de Impacto Ambiental. ADEGA engade que outros contaminantes dos que ALTRI debería informar no EIA e tamén oculta son: Amoniaco (NH3), compostos orgánicos volátiles distintos do metano (COVNM), óxido nitroso (N2O), dioxinas e furanos (PCDD+PCDF), carbono orgánico total (COT), metano (CH4), mercurio (Hg), cadmio (Cd), zinc (Zn)…
Emisións por riba das de ENCE-Pontevedra e do conxunto das celulosas do Estado
Da análise realizada por ADEGA, conclúese que a factoría de ALTRI-GREENALIA contaminaría a atmosfera máis que a macrocelulosa de ENCE en Pontevedra e, nalgunhas emisións, máis que todas as celulosas do Estado no seu conxunto.
Atendendo aos datos das emisións anuais de ALTRI que figuran no EIA e no Informe de Sustentabilidade de ENCE-Pontevedra de 2023, a factoría proxectada en Palas de Rei emitiría máis que ENCE-Pontevedra en partículas, óxidos de nitróxeno e óxidos de xofre, chegando a multiplicar por 5,8 a emisión de partículas, por 3,96 a emisión de NOx e por 28,3 as emisións de SOx.
Sorprende din “que unha celulosa de nova instalación, proxectada en 2023, vaia a contaminar máis que unha planta antiga, cando ademais ALTRI presume de que operará coas mellores técnicas dispoñibles”.