Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña pide unha solución para as familias sen praza no Punto de Atención á Infancia, PAI

Edificio do PAI (Punto de Atención a Infancia) da Baña recentemente pintado

Bisbarra, 24 de maio do 2024 – A Baña reclama da Xunta que poña solucións a escasez de prazas no Punto de Atención á Infancia, o PAI, xa que seis familias quedaron fora este ano.

Para o vindeiro curso, seis menores non teñen sitio no PAI que atende a crianzas menores de 3 anos. A tenente de alcalde, Mónica Gonzalez, asegura que “Estamos desamparados. A  Xunta non nos concede máis prazas e non vemos alternativa para estas familias. Esta é unha competencia da Xunta, e na Consellería de Política Social nin contestan ás nosas peticións”

O actual PAI da Baña non ten capacidade para máis prazas que as 20 existentes. Sería necesario ampliar o edificio ou habilitar outro local para unha casa niño, “pero a Xunta non está autorizando casas niño nos municipios que xa teñen PAI.

A concelleira engade que “O peor disto é que quen ten a competencia nesta materia, que é a Consellería de Política Social, nin aporta solucións nin contesta ás nosas peticións”. Mónica González é consciente de que para asentar poboación no rural son precisos servizos esenciais como o do PAI para que as familias poidan conciliar. “Onde está a política que favorece o rural?”.

González Blanco lembra que o Concello da Baña está a afrontar uns gastos de “150.000 euros anuais para o mantemento do PAI, dos que a Xunta tan só aporta 25.000 euros, cando a competencia para ofrecer este servizo é do Goberno autonómico, non do Concello”, afirma.

O problema xa se viviu este curso no PAI da Baña e para o que comeza no mes de setembro a situación segue igual. Das 20 prazas que ten o PAI, 10 están ocupadas por nenos e nenas que renovan matrícula, 1 queda en reserva para posibles emerxencias sociais “e para as 9 restantes tivemos 15 peticións  só de familias da Baña, ademais doutras 5 procedentes doutros municipios”.

A tenente de alcalde é consciente da problemática. “Na Baña non temos sitio, e nos concellos limítrofes tampouco hai prazas libres. Que facemos con estas familias? Nós analizamos posibles alternativas con persoal técnico especializado na materia e non vemos unha saída clara. A Xunta é a que debe solucionar este grave problema e habilitar fórmulas que nos permitan atender, polo menos, as necesidades do noso concello”, asegura.

Nos vindeiros días, Mónica González vai convocar as familias para tentar buscar unha solución que, a día de hoxe, ve complicada, porque dende a Xunta de Galicia “non nos dan resposta ningunha”.

Post navigation

Previous: Frades pon en marcha un programa de compostaxe doméstica
Next: ALTRI podería converterse na celulosa máis contaminante de toda España

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.