Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades organiza unhas xornadas gratuítas sobre saúde

frades xornadas sobre saude 26 xunho 2024

Bisbarra, 27 de xuño do 2024 –  O Concello de Frades organiza unhas xornadas gratuítas sobre saúde, nas que se debaterá sobre nutrición, actividade física, saúde mental, prevención e recuperación dun ictus.

As xornadas de Frades terán lugar no centro sociocomunitario de Ponte Carreira e darán comezo o xoves 4 de xullo, ás 17:00 horas, cunha charla sobre “Nutrición e Saúde”. Esta primeira xornada debaterá sobre alimentación saudable, tanto para persoas adultas como para crianzas, e a súa relación co benestar cardiovascular, ademais de como inflúen o estrés e as emocións na saúde.

O Concello de Frades ofrecerá servizo de conciliación para aquelas persoas que o precisen, sempre que se xunte un mínimo de oito crianzas. As inscricións están abertas no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567. Estas xornadas están organizadas en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade e a Deputación da Coruña, e conta coa financiación do Ministerio de Igualade a través do Plan Corresponsables.

Produtos lácteos

Por outra banda, o Concello de Frades mantén aberta a inscrición no curso gratuíto “Elaboración de produtos lácteos”, de 16 horas de duración e que terá lugar no centro sociocomunitario de Ponte Carreira os días 1, 3, 8 e 10 de xullo, de 10:30 a 14:30 horas.

Un curso impartido por técnicos do Laboratorio Lácteo Galego no que se impartirán uns breves conceptos básicos sobre o leite e os seus derivados, facendo fincapé na hixiene e nos métodos de análise.

Porén, o curso será eminentemente práctico, onde o alumnado aprenderá a elaborar iogures, queixos, doce de leite, requeixo, kefir… Inscrición no Concello de Frades ou no 981 695 567. Este curso está organizado en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade e conta co financiamento do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade.

Post navigation

Previous: A regulación das VUT leva o conflito do PsdeG local das bambolinas ao escenario
Next: Genma Otero nomeada xerente da Empresa Augas de Ames, EPEL, grazas ao voto de calidade do alcalde

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.