Compostela, 25 de xuño do 2024 – As posturas sobre as modificacións na ordenanza que regula os usos das Vivendas de Uso Turístico, VUT, estaban máis ou menos claras ata que a dirección local do PSdeG decidiu que absterse era unha boa idea.
As palabras do secretario Aitor Bouza “estamos de acordo co fondo é a forma a que non convence” daban a entender que se trataba de advertir ao goberno local que eles decidían a maioría. Lembrar ao BNG que no pasado os nacionalistas tamén se abstiveron.
Pero o conflito interno no PSdeG, que desde as eleccións era un segredo a voces, acabou por agromar e tomar o protagonismo dun pleno que, en principio, tería que ser un mero trámite. As ordes dadas desde a dirección socialista local de absterse, o que suporía na práctica a non aprobación da regulación; non foron seguidas polos concelleiros electos e agora o partido ameaza coa apertura de expedientes. Un pulso entre grupo municipal e agrupación local no que a regulación dos usos das VUT serviu de impulso a algo que antes ou despois parecía que sucedería.
Fontes do partido din que a crise é incluso maior xa que no propio grupo de concelleiros hai dúas tendencias, rumores que veñen xa desde o mandato pasado. Queda por ver si esta unión en contra da agrupación socialista local aparca esas diferenzas ou serven de munición para que o partido resolva os problemas.
No centro do debate unha discusión que ven desde a transición. As actas son dos concelleiros, mesmo si os expulsan iso sí lles obriga a ir ao grupo mixto. Mesmo unha decisión tan drástica podería facilitar a incorporación de algún concelleiro ao equipo de goberno, unha vez liberado d disciplina de partido. Si Xaquín Fernández Leiceaga, Xocas, viaxou do BNG ao PSdeG alguén podería pensar que o camiño inverso é posible.
Si o primeiro ano de mandato foi intenso a segunda tempada preséntase aínda máis interesante.