Compostela, 3 de xuño do 2024 – Cando existía a EGB, as veces aprobabas unha materia pero o profesor mandaba deberes para o verán para reforzar coñecementos, é o que lle pasou ao Son do Camiño.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_231154_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_225329_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_224439_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_223259_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_220419_r.jpg)
Foi un éxito de público incuestionable, cunha mellora clara na organización ano a ano, pero que aínda ten camiños que arranxar. O primeiro definir si é un festival de Compostela ou en Compostela. Que a alcaldía de Santiago, da cidade onde se celebra, non reciba un convite formal, institucional, non é de recibo.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_213058_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_200548_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_195127_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_193854_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_08-15-32_r.jpg)
Mentres a zona VIP do Son do Camiño acollía a convidados de todo tipo, a alcaldesa da cidade, Goreti Sanmartín, desfrutaba de Baiuca entre a xente. É posible que Goretti o preferise así pero moitos dos cidadáns, é posible tamén, que quixeran que representara á cidade entre os dos outros organismos.
Outro dos camiños a mellorar é literal. O vento de este ano fixo que en ocasións se levantaran po que voaba ata as primeiras filas. Por outra banda hai bastantes zonas que pola noite quedan en sombra pero cuns chanzos que provocaron non poucas caídas. Isto non é tanto un problema da organización como da Xunta, dona do recinto, pero en calquera caso o problema existe.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_9863_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_9827_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_9737_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_9721_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_9690_r.jpg)
Este ano as queixas sobre o son do Son do Camiño creceron con respecto a outras edicións. Non é doado ecualizar un festival ao aire libre, menos se grupos como Green Day levan toda a vida tocando con distorsións (un acaba por non saber si é mal son ou estilo) , despois de todo algúns os metemos no saco das bandas grunge dos 90’. O problema non era tanto diante do escenario como en outras partes do recinto, torres de son de reforzo máis arriba serían unha solución.
Na parte positiva está a variedade do público. O Son do Camiño acolle varias xeracións e todas parecen pasalo ben. O problema é encaixalo todo, pode que máis complexo que decidir o cartel sexa ordenalo. O caso de Tom Odell foi paradigmático, encaixado entre Ana Mena e Melendi tivo que desenvolver un concerto pensado para recintos máis pequenos e públicos máis calmados.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_9576_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_08-16-01_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_08-15-56_r.jpg)
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/O-Son-do-Caminho-resumo-normal-4-xunho-2024_08-15-32_r.jpg)
A zona de música electrónica nunca deixou de ter público o que demostra que a aposta saíu ben. É algo que ven agromando nos últimos anos e sen chegar a ser Tomorrowland hai un camiño claro polo que seguir.
O resumo non pode ser obxectivo, cada un vive os festivais dun xeito distinto e inflúe desde a idade a experiencias previas. En xeral o Son do Camiño e unha experiencia divertida na que case todo o mundo pode atopar música que lle guste, comida que lle guste, un espazo no que sentarse tranquilamente ou un para bailar sen parar. Non é pouco.