Bisbarra, 3 de xuño do 2024 – No marco de Turexpo, en Silleda, foi presentado programa de sendeirismo Goza do Ulla 2024 que ofrecerá 18 rutas pola beira do río.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/presentacion-goza-do-ulla-normal-3-xunho-2024-1_r.jpg)
Goza do Ulla está impulsado polos vinte concellos polos que pasa o río e durará desde este mes ao de outubro. Cada unha das 18 rutas está programada nun Concello bañado polo río que discorre polas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Nesta edición os concello de Dodro e Rianxo, e Vedra e Teo, comparten as súas rutas.
Programa Goza do Ulla
O programa Goza do Ulla naceu no ano 2011 coa participación de cinco concellos (Touro, Boqueixón, Vedra, Santiso e Arzúa). Trece anos despois toman parte 20 municipios de tres provincias: Lugo Pontevedra e A Coruña.
Son os concellos da Estrada, Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces e Vilagarcía.
O primeiro de estas camiñadas terá lugar o día 29 en Valga baixo o nome de “Entre telleiras e outros comercios” e de 16 quilómetros. O 6 de xullo Dodro e Rianxo compartirán a ruta “As Brañas tres cruces” con 14 quilómetros de percorrido.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/06/presentacion-goza-do-ulla-slide-normal-3-xunho-2024-2_r.jpg)
Ao día seguinte, 7 de xullo, Monterroso acolle “A pena do corvo e muíño do alemán” de 5 quilómetros. A última cita de xullo será en Boqueixón co “Roteiro de pescadores” de 9,6 quilómetros.
As citas continuarán ata o mes de outubro e iremos dando boa conta delas.