Compostela, 3 de xuño do 2024 – A vindeira fin de semana o centro comercial Area Central acollerá a terceira edición da Expo Tattoo Santiago na que participarán 50 profesionais de toda a península.
A Expo Tattoo Santiago disporá nas rçuas do centro comercial stands nos que realizaránse tatuaxes, piercings e atenderanse as consultas dos visitantes. Haberá ademais un concurso de tatuaxes ao que se poden presentar aqueles que se realicen durante os tres días do evento, do 7 ao 9. Na última xornada un xurado profesional outorgará o premio.
O programa da Expo Tattoo Santiago inclúe actividades complementarias como un pintado colectivo de dúas esculturas realizadas polo artista Juan Costa Cepeda. A organización tamén porá en marcha unha xincana na que os participantes deberán seguir diferentes pistas pola cidade para concluír en Área Central. O fío condutor será a de acompañar ao personaxe Nuno a facerse a súa primeira tatuaxe.
Un photocall en 3D no que calquera se converterá en tatuador profesional, un curso sobre colocación de piercings para profesionais e música a cargo de varios Djs completan o programa.
Fai xa tres anos, a Tattoo Expo Santiago converteuse en pioneira en Galicia polo seu interese en crear un punto de encontro entre os profesionais da tinta. Hoxe en día destaca por ser o único con entrada gratuíta e por situarse nun espazo como Área Central: aberto a que calquera persoa se poida achegar a esta disciplina e coñecer de preto como se desenvolve.