займ срочно

Grampoder presentan “Amuleto” este venres en Compostela

0

Compostela, 30 de abril do 2024 – “Amuleto” é o novo larga duración de Grampoder e o dúo o presentará este venres día 3 na sala Sonar de Compostela.

“Amuleto” está dispoñible xa nas principais plataformas dixitais. As copias físicas do traballo poden encargarse en vinilo de 180g escribindo ao mail grampoder@gmail.com.

Grampoder son Le Roi e Martin Wu, precisamente con Martín falabamos nas nosas Músicas na Linde hai un mes. Cun formato mínimo de guitarra eléctrica e batería, acumulan toda a experiencia adquirida en The Homens.

Un rock escuro no que atopamos trazas de blues, dark wave ou mesmo indie. En “Amuleto” o grupo afonda nas súas obsesións: o tedio vital, a traizón de baixa intensidade aos principios propios, o doloroso paso do tempo e a posición do individuo fronte a un mundo que o impulsa a unha vida irracional e insatisfactoria.

As cancións de Amuleto foron gravadas por Jacobo Iglesias e Adrián Longart nos Estudios Potemkin. Adaptables no seu formato, Grampoder despregan un directo intenso e moi físico, unha montaña rusa de intensidades que explora o punto no que se encontran o rock máis ruidoso coa melodía e a rabia coa resignación.

Share.

Comments are closed.