займ срочно

Músicas na linde. Luís Iglesias de Estudios Potemkin

0

En Músicas na linde falabamos hai pouco con Sumrrá que nos dicían que tardaron tempo en darse conta da importancia de ter un soporte físico, un disco, para a súa música.

Levamos conversado cuns cantos músicos pero quixemos saber algo máis de eses laboratorios nos que se intenta capturar a realidade. Unha sorte de aceleradores de partículas que lonxe de reproducir o mundo real crean habitualmente un novo.

Os Estudios Potemkin están en Compostela. Achegámonos para falar con Luís Iglesias, un dos socios que xestionan este espazo. O local combina o papel de estudo de gravación co de local de ensaio, un formato que nace das experiencias de outras cidades

Non sobran espazos para ensaiar nin en Compostela nin en Galicia, Luís Iglesias cóntanos que eles decidiron que era responsabilidade súa poñer en marcha algo en vez de esperar a que alguén o fixera

Dicíamos ao principio que en estes lugares o que se captura é unha realidade distinta. Ese universo paralelo ten moito que ver coas ferramentas que o producen. En Estudios Potemkin os músicos atopan un nivel de calidade que os chega a sorprender

 

Tes esta e outras conversas completas no noso podcast. Faite mecenas e apoianos para publicar máis contidos como este. Descarga a app de Patreón  en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web https://www.patreon.com/lindeiros

A relación cos creadores sempre é complicada, cada un ten o seu propio mundo na cabeza. Luís Iglesias exerceu de técnico e conta que cos músicos non hai excesivos problemas, algo que non sucede con outras artes

Sempre contamos a inmensa creatividade que temos en Galicia. Algo que contrasta co febleza dos sistema. A pandemia deixou a moitos grupos na cuneta e só os que viven doutras cousas puideron seguir. Estudios Potemkin tivo tamén que reiventarse porque como di Luís Iglesias “si te paras morres”

Coa volta paulatina á normalidade os grupos volven aos poucos a ensaiar e gravar. Xorden novas ideas, novas formacións e a maquinaria ponse de novo en marcha. Seguemos a votar en falta apoios desde a administración. É preciso crer nos músicos cando empezan, non cando están consolidados. Estudios Potemkin é unha familia de acollida para músicos orfos de lugares e apoios. A non tardar pouco nos sorprenderemos vendo de que son capaces pero aquí deixamos algunhas mostras

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies