Compostela, 20 de maio do 2024 – Santiago de Compostela ven de asumir a presidencia de REDEL, a Rede de Entidades de Desenvolvemento Local que da servizo a cerca de 2.000 concellos.

Compostela participou o pasado sábado ,a Asemblea Xeral de REDEL celebrada en Xixón. Durante os próximos anos, Santiago asumirá a presidencia a través da técnica responsable da Oficina de Promoción Económica e Emprego, Carme Casado.

O Concello de Santiago é socio fundador de REDEL, que naceu en 2007 co obxectivo de impulsar a colaboración entre as axencias de desenvolvemento local para ampliar os seus coñecementos e desenvolver proxectos de maneira conxunta.

Na asemblea de Xixón incorporáronse a REDEL a Deputación de Xaén e o concello de L’Alfàs del Pi. Desta maneira, xa son 35 as entidades de desenvolvemento local asociadas a REDEL, que ofrecen os seus servizos a un total de 1.959 municipios cunha poboación que supera os 23 millóns de habitantes.

Na súa intervención diante da Asemblea Xeral, a nova presidenta de REDEL, Carme Casado, salientou o crecemento da entidade en número de socios nos últimos anos, e agradeceulle o seu traballo nese sentido ao seu antecesor no cargo, Fernando Nebreda, da Axencia de Desenvolvemento de Oarsoaldea.

A técnica responsable da Oficina de Promoción Económica e Emprego explicou que neste mandato, obxectivo é “traballar para compartir as ferramentas das que dispoñen as diferentes axencias, sobre todo coas entidades máis pequenas que dispoñen de menos recursos humanos e técnicos”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies