Bisbarra, 16 de maio do 2024 – O Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, ofrece mañá, Día das Letras Galegas, unha boa oportunidade de ser visitado ao organizar unha xornada de portas abertas.

Carboeiro adiantase deste xeito á xornada do Día dos Museos, que se celebra o sábado 18, xornada na que o mosteiro románico estará pechado ao público por mor do paso do Rallysprint Silleda polas estradas da zona. 

Na xornada do venres o público poderá desfrutar tamén do concerto Voces de Carboeiro (17:30), organizado polo Coro Vales Mahía e que nesta ocasión estará acompañado polas Coral Polifónica do Casino do Carballiño e o Orfeón de Voces Graves da Arousa.

O horario de visita ao mosteiro a día de hoxe é de 11:00 a 14.30 e de 16.30h a 19:00 horas. En canto se incorpore a nova persoa que se contratará como guía turístico a través da subvención da Deputación de Pontevedra (para atención do Punto de Información da Rede Info Rías Baixas), aplicarase o horario de verán con apertura ata máis tarde.

Máis de 1.360 visitas en abril

O Mosteiro de Carboeiro recibiu un total de 1366 visitas no pasado mes de abril. O perfil turístico neste mes foi moi similar ao que se vén rexistrando. A maioría foron mulleres maiores de 45 anos que coñecían o antigo cenobio ou facendo unha busca na rede, vírono e quixeron visitalo, achegándose no seu vehículo particular e coa familia ata o mesmo.

Unha pequena porcentaxe (15%) decidiu facer o Sendeiro do Deza que comunica a Fervenza da Toxa co Mosteiro e, polo tanto, chegaron a pé. En canto á orixe, a procedencia das visitas foi moi variada, como soe ser habitual. A porcentaxe máis alta foi a de persoas galegas (78%), as cales pertencían na súa maioría á provincia de A Coruña, máis concretamente as cidades de Santiago de Compostela (249 persoas) e A Coruña (123 persoas).

En canto ás visitas procedentes de España, non galegas, foron máis de 200 persoas procedentes sobre todo das comunidades de Madrid, Andalucía e Castela A Mancha. Finalmente, do estranxeiro achegáronse máis de 45 persoas procedentes de lugares como Portugal, Alemaña ou Arxentina.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies