Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entrevistas
  • Músicas na linde

Músicas na Linde: Grampoder

Falamos do dúo compostelán Grampoder que estarán este venres 17 na Sala Riquela a partir das nove da noite.
grampoder-slide-15-marzo-2023-(1)_r

Musicas na Linde, 16 marzo do 2023 – Falamos do dúo compostelán Grampoder que estarán este venres 17 na Sala Riquela a partir das nove da noite.

Martín Wu, á esquerda, e LeRoi son Grampoder

 Grampoder son a evolución natural de aqueles The Homens que tan bos momentos deron a súa parroquia; un grupo de fieis que os seguen desde entón pese a súa irregular presenza nos escenarios. Unha fidelidade que nace da honradez á hora de compoñer e da enerxía que poñen en todo o que fan.

Regresan tras un longo período xa que desde o 2015 estaban practicamente desaparecidos salvos as incursións de Martín Wu no mundo da literatura. Precisamente mantemos con el a conversa xa que LeRoi, o outro cincuenta por cento de Grampoder, non pode acudir.

A parella marcouse como obxectivo ser algo que se puidera levar a calquera parte, ter a liberdade suficiente para facer o que quixeran. A compenetración que se da entre os dous xera ademais unha enerxía que os fai soar como si tiveran 15 anos, polo menos desde o punto de vista do entrevistador…

Esa enerxía, esa rabia, que poñen no escenario Grampoder nace da súa afección polo rock co que se identifican desde sempre pero tamén de que se definen como un grupo de directo. Algo que os leva a buscar sempre o impacto no público “que a cousa levante”



Moitos músicos senten a presión de ter que ofrecer algo cada certo tempo. Grampoder fuxe de esa presión e respectan sempre as súas circunstancias e os seus propios desexos. Hai dous anos reuníronse de novo e recoñecen que non lles preocupa en exceso a difusión. Agradecen aos seus seguidores que sexan tan fieis e ao mesmo tempo séntense cómodos pensando que non son moitos

PM é o seu novo disco, froito de esa forma de ser tan especial, as veces pesimista, que ten o grupo. Este venres 17 tocan no Riquela e a intención e seguir xirando por toda Galicia

Coma sempre preguntamos pola visión que teñen do momento que vive a música en Galicia. Unha vez máis, en varias nas últimas datas, aparece o concerto das Fillas de Casandra na Capitol (coas que falaremos proximamente), a Martín Wu sorpréndelle para ben a idade do público.

Grampoder son o exemplo perfecto de esa frase tópica “son boa xente” e encaixan tamén no outro tópico “hai que queremos como son”. Poñen todo o que teñen no que fan e fan o que queren facer, non enganan ao público nin se enganan eles mesmos. Un concerto de Grampoder e unha descarga de adrenalina e rock honesto. Si cando leas isto estás a tempo non deixes de acudir o venres 17 de marzo á sala Riquela en Compostela, e se non busca a seguinte data de Grampoder porque non te arrepentirás.

Post navigation

Previous: A Xunta variará a senda peonil do Milladoiro no tramo da Colexiata de Sar
Next: A Universidade inaugura a reforma da pista de atletismo e recibe a súa homologación

Máis novas

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.