займ срочно

Autorizan o Plan de Restauración da Canteira da Casalonga e iniciar a expropiación da estrada que a rodea

0

Actualización (14:00 h.)

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ven de emitir nun comunicado no que avanza que están a estudar “o xeito de levar aos xulgados tanto ó proceso como ás persoas que puideran incorrer en calquera tipo de responsabilidade, incluso penal, relacionados con el”.

No comunicado destacan certas partes das resolucións e critican o feito de que a Xunta aprobe “un plan cheo de irregularidades, como dar por bo que é viable restaurar un oco mineiro gastando 25 céntimos por metro cadrado, incluíndo o remodelado de noiros, a necesidade de traer terra do exterior, o acopio e sementeira da terra existente durante 30 anos, a eliminación das pistas e a plantación de arboreda”.

A Plataforma lembra tamén que na resolución non se di que sucederá coas “máis de 400.000 Tn de residuos (o volume de catro Prestiges) de procedencia descoñecida depositados na canteira nos últimos anos e implicitamente dálle cobertura legal para enterralos sen máis xunto cos residuos da demolición de preto de unha hectárea de edificacións da antiga concesionaria que tampouco se mencionan neste plan. Permítelle ademais modificar ao seu gusto o perímetro a restaurar deixando fora as zonas que non lle interesan”

Con respecto a lagoa, restaurada a día de hoxe de xeito natural, o colectivo veciñal di que a resolución “habilita á empresa a baleirala sen un plan de contención e protección das especies existentes, matando inmediatamente miles de peixes e anfibios que habitan nela e poñendo en risco a tódalas especies de aves (patos, fochas, pitas de auga, garzas, falcón peregrino…) que habitan alí a día de hoxe. No caso de que algúns peixes puideran chegar ao Río Tinto poderiamos falar incluso dunha catástrofe ecolóxica, pois a maior parte son carpíns dourados, unha especie invasora que podería causar estragos neste afluente do Sar”.

Teo, 19 de agosto do 2021 – A Xunta de Galicia resolveu, con sinatura do 11 de agosto, aprobar o “Plan de restauración da concesión de explotación Casalonga nº 6996 (maio 2020)”.

A decisión leva a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e ao concello ao camiño dos xulgados. A resolución contempla, ademais do recurso diante da propia Consellería, a posibilidade de Recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

A resolución autoriza a actualización ao producirse un cambio nos usos do solo. O Plan adaptouse a normativa do PXOM de Teo destinando os terreos previstos a naves a masa forestal. como xa contamos no seu día. Esta autorización deixa vía libre para a plantación de 11.000 eucaliptos na zona.

Expropiación da estrada

Noutra resolución asinada o 17 de agosto autorizase o inicio do proceso de expropiación ordinaria da estrada que rodea a Canteira da Casalonga.

O documento, entre outros informes, basease no realizado o 13/05/2021 pola Área Xurídica da Xefatura Territorial da Coruña. Entre outras cousas dito informa indica que “Ao devandito título opón o Concello de Teo unha “acta de recepción dos camiños de uso público e planos de situación dos camiños afectados de data 14 de maio de 2008” subscrita por un centro directivo desta Administración autonómica, da que o Concello non pode traer causa, pois non consta que o solo en disputa pertenceulle nunca en concepto algún (nemo dat quod non habet)”.

Esta mesmo informa leva tamén a un camiño xudicial cando di que “Se o Concello reivindícao a título de propiedade -como pode inferirse dos termos da súa alegación «é de propiedade municipal»- e suscita o litixio consecuente, ou o fai o particular fronte á recuperación de oficio

ou a actuación municipal de autotutela, bastará consignar o prezo xusto en favor de quen resulte adxudicatario xudicial da leira. En tanto dita controversia non se substancie nos tribunais, á vista dos datos en presenza, o razoable é ter por propietario ao particular que o parece, e actuar en consecuencia”

A continuación a resolución da Consellería ampárase para a expropiación na Lei 22/1973, do 21 de xullo. No artigo 2 indícase que todos os bens xeolóxicos son de carácter público para a continuación engadir que poderán ser asumidos ou cedidos pola administración.

No artigo 105 explícita que :

  1. O titular legal dunha concesión de explotación, así como o adxudicatario dunha zona de reserva definitiva, terán dereito á expropiación forzosa ou ocupación temporal dos terreos que sexan necesarios para o emprazamento dos traballos, instalacións e servizos.
  2. O outorgamento dunha concesión de explotación e a declaración dunha zona de reserva definitiva levarán implícita a declaración de utilidade pública, así como a inclusión das mesmas no suposto do apartado dous do artigo cento oito da Lei de expropiación forzosa”.

Según isto a estrada seguiría sendo pública pero usada para os fins da canteira.

Tamén en este caso a resolución contempla os recursos diante da Consellería e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

+ Info no seguinte enlace

Share.

Comments are closed.