займ срочно

O PP de Teo propón que o concello asuma a restauración da Casalonga

0

Teo, 19 de agosto do 2021 – O Partido Popular de Teo ven de emitir un comunicado no que propón que  concello sexa o que asuma a restauración da canteira da Casalonga.

Os Populares piden que o concello asuma o plan aprobado pola Xunta e cre “un gran espazo medioambiental de xestión pública en Casalonga”

O Partido Popular non explicita de que xeito se podería facer o concello co lugar. Fontes consultadas por Lindeiros avanzan que ese será o seguinte debate, atopar unha fórmula para que o concello pilote a restauración.

Ven con bos ollos a garantía financeira solicitada pola Xunta e os controis quinquenais da restauración. Consideran así mesmo que o uso forestal dos terreos é unha boa nova.

O voceiro do PP de Teo, José Manuel Guerra, convida ao Goberno bipartito a que “abandone dunha vez por todas a confrontación política estéril, que non leva a nada, e se poñan a traballar polo pobo”. “O alcalde, Sisto, e a concelleira, Lemus”, engade Guerra, “non se fían das mans nas que queda o plan de restauración?… pois, a solución está clara: que o asuma o propio Concello”.

Os Populares lembran que ano 2019 o pleno do Concello aprobara por unanimidade unha moción do Partido Popular para modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e que, nese mesmo ano, a voceira municipal do PSdeG comprometérase a xestionar co Goberno central unha remuda da normativa estatal. “Pero, nin unha cousa, nin a outra, se ten producido. Ese era o auténtico compromiso da señora Lemus; agora se lle presenta unha nova oportunidade”.

O problema sobre a proposta de modificación do PXOM é que pasa por unha caducidade da concesión. Cos permisos vixentes calquera modificación do Plan Xeral terá que ser revisado pola Dirección Xeral de Minas e quedará supeditado ao mantemento da explotación.

A anulación da concesión mineira por caducidade é unha das reivindicacións da Plataforma e do concello. A priori os mesmos informes nos que se ampara a resolución emitida pola Xunta, e que autoriza o plan de restauración, servirían para devolver o espazo á titularidade pública.

+ Info no seguinte enlace

Share.

Comments are closed.