Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo
  • Xeral

Teo pon en valor os Camiños de Santiago  

Baixo o nome de “Historia e historias compartidas dos camiños de Santiago ao seu paso por Teo” o concello de Teo organiza un evento que poña en valor as rutas a Compostela.
teo-evento-caminhos-de-santiago-slide-11-abril-2024_r

Bisbarra, 11 de abril do 2024 –  Baixo o nome de “Historia e historias compartidas dos camiños de Santiago ao seu paso por Teo” o concello de Teo organiza un evento que poña en valor as rutas a Compostela.

A cita, este sábado 13 de abril, estará presidido pola alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e contará coa participación do impulsor do Xacobeo, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

O acto, que terá lugar ás 17.30 horas na capela de Francos (Calo) e pretende poñer en valor os camiños que pasan por Teo e convidar ós asistentes a reflexionar sobre cal é o poder transformador que ten o Camiño e a súa espiritualidade.

O concello de Teo é un Concello Xacobeo, polo que discorren diversas variantes do camiño a Santiago, destacando o Camiño da Costa, camiño interior, Traslatio ou Mar de Arousa e Río Ulla, a Ruta do Padre Sarmiento e tamén a Pedronía.

No faladoiro, o cal está enmarcado na campaña turística REDEscubre Teo 2024, participarán tamén Xosé Santos Solla, catedrático de Xeografía na Facultade de Xeografía e Historia da USC; Ana Isabel Filgueiras Rei, arqueóloga e antropóloga sobre

Patrimonio Inmaterial; membros da Asociación Codeseda Viva, que ilustrarán sobre o Camiño da Geira e dos Arrieiros; e o franciscano Frei Paco Miramontes, que na actualidade acolle os peregrinos na porta de entrada a Galicia do Camiño Francés no Cebreiro.

Tamén haberá espazo para os membros da comunidade local, que abordarán o patrimonio que hai nesta última etapa antes de chegar a Santiago, achegando tamén as súas experiencias como peregrinos.

Para pechar este encontro, o cantautor Manoele De Felisa interpretará “cantando os camiños a Santiago”, do libro Cancioneiro do Camiño, editado para o Xacobeo 2021.

Post navigation

Previous: Conversa con Luís Avilés Baquero, director de +Cuñados
Next: Curso en Padrón de interpretación do patrimonio

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.