Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo mellora instalacións deportivas e de ocio

Teo traballa na mellora das instalacións deportivas municipais ao aire libre procedeu á colocación de canastras antivandálicas na pista exterior dos Tilos e ao seu pintado.
teo-melloras-equipamentos-slide-24-abril-2024-(1)_r

Bisbarra, 24 de abril do 2024 – O Concello de Teo traballa na mellora das instalacións deportivas municipais ao aire libre procedeu á colocación de canastras antivandálicas na pista exterior dos Tilos e ao seu pintado.

No pavillón, o concello de Teo, ven de colocar taboleiros de metacrilato nas canastras de minibasket. Do mesmo xeito, mudouse o termo de auga quente, mellorando así o servizo e aminorando os custos ao non haber fugas de auga.

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, explica que “Ter as instalacións deportivas neste estado só conleva custos adicionais para as arcas do Concello e só conleva problemas para os seus usuarios”.

Na zona de Augas Mansas, cambiouse a rede da pista deportiva ao aire libre dado o mal estado que presentaba a vella, que podía ocasionar algún risco á poboación. Tamén se procedeu á limpeza da pista e colocáronse novas redes ás porterías. Así mesmo, procedeuse a unha limpeza profunda do parque infantil de Augas Mansas.

En Oza, nas pistas que están enriba dos falsos túneles da AG-59, colocáronse canastras antivandálicas, limpouse en profundidade a pista de baloncesto e fixéronselle arranxos á rede que protexe o espazo. Por último, dado o mal estado do mobiliario nesa zona, arranxáronse os bancos e pintouse a mesa, para invitar á xente a facer uso do lugar.

Post navigation

Previous: Piden unha reunión co concello de Santiago sobre o acceso de vehículos á zona vella
Next: O TSXG suspende cautelarmente o parque eólico de Castro Valente

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.