займ срочно

Tanxugueiras e Fredi Leis nos Solpores do Lagoeiro

0

A Estrada, 26 de agosto do 2020 – A primeira edición de Solpores no Lagoeiro chega ao seu ecuador coa música de Fredi Leis e Tanxugueiras.

A Casa do Lagoeiro, da que podes saber algo máis en esta reportaxe, acolle mañá xoves nos Solpores ao cantautor compostelano Fredi Leis a partir das nove media da noite. Será nun concerto acústico no que o artista, que aposta “pola música sen etiquetas nin barreiras”, dará a coñecer os temas do seu disco Neón, un traballo que conta con pezas como Mariposas, Sálvate ou Quiero Darte.

Xa o domingo, a partir das nove, Tanxugueiras, o trío conformado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, presentará Contrapunto, o seu segundo traballo discográfico. Trátase dun disco que, a modo de espello, presenta dez creacións sobre as cuestións positivas e negativas da vida. Cinco vivencias enfrontadas a outras tantas nas que as coplas tradicionais son revisionadas dun xeito moi especial.

Tanxugueiras e Fredi Leis nos Solpores do Lagoeiro

Fredi Leis

As dúas propostas serán a ceo aberto e durante o seu desenvolvemento o servizo do Restaurante do Lagoeiro atenderá ao público, sentado por unidade de convivencia, nas súas mesas

As entradas para os concertos de Fredi Leis e Tanxugueiras están dispoñibles a través da plataforma web Enterticket. De cara ao mes de setembro, Solpores no Lagoeiro programa os dous últimos espectáculos da súa primeira edición. O domingo 6 será a quenda de Xoel López

Tanxugueiras e Fredi Leis nos Solpores do Lagoeiro

Tanxugueiras

en formato cuarteto, nun concerto que ten as entradas practicamente esgotadas. Xa na semana seguinte, o sábado 12, o cómico Goyo Jiménez presentará Confusio, unha recompilacion dos seus mellores monólogos coa que se pechará o ciclo. Os billetes para esta última actuación pódense adquirir, unicamente, de forma presencial en A Casa do Lagoeiro, O Camiño (A Estrada), A Senra Café (Teo) e Ollo de Boi (Portonovo). Para aquelas persoas que non se poidan desprazar fisicamente a algún destes espazos, A Casa do Lagoeiro habilita un número de teléfono (690.212.767) para poder facer a reserva previa das mesmas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies