Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois
  • Xeral

Música N’aldea prepara a edición 2024

No ano 2020 naceu en Rois Música N’aldea para levar a festa a aldea nun ano no que a aldea non podía organizala polo complicado da situación.
rois-musica-na-aldea-slide-29-abril-2024_r

Bisbarra, 29 de abril do 2024 – No ano 2020 naceu en Rois Música N’aldea para levar a festa a aldea nun ano no que a aldea non podía organizala polo complicado da situación.

Cando as festas patronais volveron a organizarse, Música N’aldea mudou para continuar e adoptou un formato no que se facía nómade. En cada edición visitaríase unha das aldeas de Rois nun formato íntimo e centrado en respectar e por en valor o patrimonio.

Os organizadores o explican así “Non buscamos actos multitudinarios, xa que o que perseguimos é que o público non sexa un invasor para as persoas que lle dan vida á aldea todo o ano. Queremos que sexan uns convidados nun día de festa e que, como tal, se sintan acollidos”.

Música N’aldea non está concibido como un festival temático “abrímoslle as cancelas a calquera tipo de música. Tradicional, jazz, rock, blues… Todos os estilos teñen cabida. O noso selo identitario estará nas maridaxes musicais, promovendo colaboracións entre artistas e bandas que nunca antes actuaran xuntas. Ademais de música, calquera outra actividade cultural vai ser ben acollida”.

Por Rois pasaron xa Caamaño&Ameixeiras, Zumaque, Tralo Valo, Campeva, Raül Refree, Owl Light Trio, Xógara, El Nido… e agora traballan xa na edición 2024 que volverá ao inicio nas Casas do Porto, unha eira de hórreos que por si soa merece visitarse e pola que pasan algúns das rutas de sendeirismo do concello.

Edición 2024

A edición 2024 de Música N’aldea destina todo o recadado, coa venda de camisetas e a colleita que se está desenvolvendo en Verkami, á axuda ao pobo palestino. A cita o 12 e 13 de xullo e os artistas convidados:

🎶Venres:

  • CELSO F. SANMARTIN
  • AKSAK
  • CARDELIMA

🎶Sábado:

  • BOROA
  • ÈLIA BASTIDA
  • LUCÍA

Aparte diso o sábado habera actividades todo o día.

O festival neste 2024 dedicaselle ao conflicto en Palestina. Con este motivo 2 € da venta de cada camiseta do festival serán doados a “Médicos sin fronteras” .Se queredes votar unha man xa tedes o enlace pero ademais anotalo na axenda para que non se esqueza.

Post navigation

Previous: A Baña mellora as contas pero a débeda segue superando os 800.000 euros
Next: Obituario: Luz Fandiño

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.