Bisbarra, 15 de maio do 2024 – Pese ás constantes suspensións a parques eólicos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia os proxectos seguen aparecendo e un deles ameaza á Rapa das Bestas.
Desde o BNG da Estrada mostran a súa preocupación xa que despois de que o TSXG suspendera cautelarmente o eólico denominado “Campo das Rosas” aparece un novo proxecto aínda máis grande.
O parque eólico de Parque Eólico Xubrintas, impulsado por Driza Incosa situaríase nos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro. O proxecto contempla a instalación de 15 aeroxeradores de 15 megavatios.
Desde o Bloque da Estrada din non entender como se pode propoñer un novo proxecto de parque eólico nun espazo que ten proxectos en tramitación paralizados pola xustiza xa que afectan á Rapa das Bestas.
Os nacionalistas din que “Isto xa debería ser motivo abondo para que o Goberno do estado non admita a trámite outra nova agresión o noso medio e a nosa cultura e patrimonio. Desde o BNG non compartimos o modelo depredador que desde a Xunta, mais tamén desde o Estado, impulsan no noso país”.
O BNG insta ao concello a presentar alegacións a este novo proxecto que afecta de cheo á Rapa das Bestas “e a poñerse do lado dos veciños e veciñas”.