Bisbarra, 15 de maio do 2024 – Arzúa celebra este venres o Día das Letras Galegas co espectáculo “Des(a)fiada” do grupo Zoelas.

Zoelas é un grupo que emerxe nas terras rurais do interior de Galicia. Tres voces femininas e arranxos pouco comúns da man de instrumentos como a zanfona, a requinta ou a guitarra, acompañan ás letras de composición propia tomando como principios e valores básicos a visibilidade da muller, o idioma e o rural.

A cita será na Casa da Cultura ás 19:00 horas coa entrada libre e de balde ata completar a capacidade. O proxecto-espectáculo “Des(a)fiada” pretende analizar cal foi a posición da muller no rural de Galicia nos grandes acontecementos da historia a través dos seus propios testemuños.

Non é este o único evento que, dentro da programación Primavera de Cultura, homenaxea ás nosas Letras. Xa que, por exemplo, o vindeiro 31 de maio os escolares de primaria de Arzúa participarán nun contacontos que dará a coñecer a figura de Luísa Villalta e a súa obra.

Dende o Departamento de Cultura tamén se recorda que esta semana, do xoves 16 ao sábado 18 son os últimos días para visitar na Capela da Madanela a exposición de pintura e fotografía do colectivo Lucet con obras de nove artistas que abre en horario 18:30 a 20:30 horas.

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a asistir ás diferentes propostas culturais que se ofrecen “co ánimo de defender e promover o uso e coñecemento da nosa lingua, algo que nos propoñemos durante todo o ano dende a concellaría que dirixo, pero que esta semana corresponde visibilizar máis ca nunca”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies