Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Muros
  • Xeral

XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo

O Concello de Muros ven de presentar a XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo, que forma parte da programación do Mes das Letras Galegas.
muros-mostra-teatro-slide-30-abril-2024_r

Bisbarra, 30 de abril do 2024 – O Concello de Muros ven de presentar a XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo, que forma parte da programación do Mes das Letras Galegas.

Unha das grandes novidades da mostra de teatro Xosé Agrelo é o cartel, protagonizado por actores e actrices locais e que o concello quere que sirva como unha homenaxe ao tecido teatral local.

Na presentación participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Lingua, Laura Rivadeneira; a concelleira Sandra Maneiro; o concelleiro Damián Torea, e representantes dos grupos de teatro O Xeito Teatro, Adisbismur, Aquelando Teatro e Quenchedera Teatro.

“Na mostra deste ano os grupos locais terán unha presenza moi importante, aínda que tamén virán grupos de fóra”, explicou a alcaldesa, María Lago. Laura Rivadeneira incidiu “na importancia de que o teatro chegue aos nenos e nenas; nesta mostra, todo o alumnado de Muros verá algunha representación”.

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, o concello participará no acto da ofrenda a Xosé Agrelo ás 13:30 horas na Alameda de Esteiro. Nesa xornada haberá actuacións musicais, así como charlas e presentacións de libros ao longo do mes.

“O Mes das Letras Galegas é un momento inmellorable para celebrar e tamén para reivindicar a importancia da nosa lingua”, engadiu a alcaldesa.

Post navigation

Previous: Ames di non a Altri e si aos galiñeiros
Next: Grampoder presentan “Amuleto” este venres en Compostela

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.