Bisbarra, 20 de maio do 2024 – O concello de Ames espera abrir hoxe os comedores escolares con normalidade despois do brote de gastroenterites detectado o pasado venres.
Nunha carta remitida aos país, o venres pasado, alertaba que rapaces e monitores do colexio de Ventín estaban presentando unha “sintomatoloxía común de vómitos e diarreas, chegando nalgúns casos a precisar atención médica”.
Tras alertase ás autoridades sanitarias comezaron a facerse probas e tomáronse medidas para poñerlle solución. Os afectados, segundo algunha fontes, puideron superar o centenar. Desde o concello de Ames indican que hoxe luns a primeira hora “realizarase unha última comprobación por parte dos técnicos de Sanidade e unha posterior xuntanza no Concello cos departamentos de Promoción da Saúde, Educación, Alcaldía e os servizos técnicos municipais”.
O alcalde de Ames, Blas García, asegura que “ante calquera impedimento que poida xurdir o Concello de Ames ten capacidade para prestar o servizo de forma segura”. Durante a semana que vén as probas realizadas tanto as mostras de comida como a pacientes revelarán a causa deste cadro de gastroenterite.