Bisbarra, 20 de maio do 2024 – O BNG da Estrada leva ao Parlamento Galego, a través do deputado Luís Bará, converter a Rapa das Bestas nun Ben de Interese Cultural (BIC).
Esta petición xa foi trasladada á Xunta de Galiza polo propio concello en setembro de 2023, porén, segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “de momento non lle meteron moita presa a esta petición unánime do noso concello, por este motivo, imos darlle un empuxón coa presentación dunha iniciativa parlamentar”.
“É de supoñer”, explicou Reices, “que non haberá problema en converter a Rapa en BIC, xa que o actual titular da Consellaría de Cultura foi alcalde da Estrada e o que asinou a petición en nome do concello o pasado mes de setembro”.
“Alén do interese cultural e patrimonial que ten sen dúbida a festa declara de interese turístico internacional”, explicou Reices, “coido que é importante que esta declaración se faga canto antes para que faga de dique de contención contra as ameazas que ultimamente penden sobre esta celebración cos continuos proxectos eólicos que se presentan na contorna de Sabucedo e que supón unha distorsión no hábitat natural das bestas”.
Esta iniciativa será presentada aos representantes da asociación da Rapa o vindeiro sábado 25, nunha reunión na que participarán representantes do BNG da Estrada, as deputadas Ariadna Fernandez e Luís Bará, e a senadora Carme da Silva, que trasladará ao Senado iniciativas para paralizar o parque eólico Xubrintas, de tramitación estatal.