займ срочно

SUMRRÁ, Premio Jazz España 2022

0

Compostela, 18 de marzo do 2022 – A Asociación de Festivales de Jazz Plataforma Jazz España ven de entregar a Sumrrá o premio Jazz España 2022.

O premio Jazz España foilles entregado na sede da Fundación SGAE en Madrid. A Plataforma Jazz España está integrada polos Festivais de Jazz máis prestixiosos do país

O mellor do jazz nacional

No acto a Plataforma Jazz España  presentou tamén o proxecto completo da Asociación e o Catálogo de grupos que recolle as quince propostas máis interesantes do Jazz feito en España.

Tras a votación, para elixir aos gañadores dos 2 premios en litixio, Sumrrá conseguiu o galardón ao mellor grupo consolidade sendo o de mellor grupo emerxente para Lucía Fumero.

Ademáis do recoñecemento que esto supón para o trío de jazz galego máis internacional, o premio consiste nunha xira nacional a través dos festivais asociados á plataforma.

Lindeiros entrevistou en maio do ano pasado a Sumrrá, unha conversa que podes escoitar aqui se queres coñecer algo máis ao trío e aquen o forma.

Por outra banda os dous vindeiros domingos Sumrrá volverá a tocar na Casa das Crechas e podes mercar as entradas aquí.

Share.

Comments are closed.