Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Obituario: Luz Fandiño

No 2014 Lindeiros publicaba na contraportada do xornal en papel un pequeno texto sobre Luz Fandiño. Escribiamos daquela “Luz Fandiño tivo, ten, unha vida que dá para o que un prefira: libro, teatro, cinema ou unha longa conversa coa que gozar ademais da súa motivadora compañía”.
Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r

No 2014 Lindeiros publicaba na contraportada do xornal en papel un pequeno texto sobre Luz Fandiño. Escribiamos daquela “Luz Fandiño tivo, ten, unha vida que dá para o que un prefira: libro, teatro, cinema ou unha longa conversa coa que gozar ademais da súa motivadora compañía”.

Loli Fernández ©

O tempo, e a implicación de moita xente, foi pouco a pouco encargándose de poñer no lugar que lle corresponde a Luz. Un documental de Sonia Méndez, “A poeta analfabeta”; un certame de poesía nova inspirado en ela, Luz poética; ou a homenaxe, xunto a outras mulleres destacadas, que recibiu do concello de Santiago no ano 2022 deixarán a súa pegada na memoria da cidade.

O pasamento de Luz, aos 92 anos, deixa ademais orfos aos movementos sociais. Ata o último momento acudiu ás manifestacións, concentracións, encontros, aos que lle daba vida e dos que recibía alento.

Loli Fernández ©
Loli Fernández ©

Luz Fandiño foi unha persoa que nos lembrou a necesidade de loitar sempre; que lembrou tamén a Compostela máis clasista da súa infancia, que nos ten que servir para que non volva; o drama da emigración e os enganos que moitos sufriron ao chegar a destino; e sobre todo que da igual de onde veña un ou os estudos que teña, sempre se pode aprender e crecer, sempre se pode ser mellor.

Deixamos aquí algunha das súas verbas no 2016 cando presentaba poemario na librería Pedreira. Escoitala é sempre un pracer e o mellor xeito de lembrala, que a terra lle sexa leve.

Post navigation

Previous: Música N’aldea prepara a edición 2024
Next: Compostela sanciona a Urbaser por incumprimento de contrato

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.