Conversas, 14 de maio do 2024 – O vindeiro 30 de maio comeza a edición 2024 do Son do Camiño, un festival que serve de apertura da época de festivais e toda Galicia.
Carlos Rodríguez é co director do Son do Camiño e falaramos con el na primeira edición, alá polo 2018. O festival nacía coa intención de quedarse e coa vista posta no Xacobeo do 2021. Volvemos a conversar seis anos despois, dous deles de Xacobeo, e unha pandemia polo medio. Carlos explícanos que o festival segue evolucionando, intentado mellorar e adaptarse aos gustos de todo o mundo.
Un dos síntomas de esa evolución e a creación dun programa específico dentro do festival á música electrónica. Co seu propio escenario e seguramente cun público tamén moi especializado que encherá o Monte do Gozo.
O Son do Camiño ten dous cabezas de cartel, entre outros, que chegan desde os 80’ e os 90’ pero que seguiron recollendo seguidores ao longo de estas décadas. Green Day e Pet Shop Boys serán dos concertos que congregarán a varias xeracións no Gozo.
O Son do Camiño repetiu a dinámica de todos estes anos e ten practicamente todo vendido. É unha constante que se repite e que demostra o interese da xente por desfrutar do festival.
O Son do Camiño deulle un gran festival estable a Compostela e serviu ademais para recuperar e mellorar un espazo como o auditorio do Monte do Gozo. Esta edición é xa un novo éxito que comezará o vindeiro día 30. Tedes toda a programación e información necesaria na súa páxina web. https://www.osondocamino.es/