Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Luz Fandiño, veciña de Compostela

uz fandiño tivo, ten, unha vida que dá para o que uno prefira: libro, teatro, cinema ou unha longa conversación coa que gozar ademais da súa motivadora compañía.
mari-luz-fandino-087_w

Luz Fandiño

Luz fandiño tivo, ten, unha vida que dá para o que un prefira: libro, teatro, cinema ou unha longa conversa gozando da súa motivadora compañía.

Viviu a emigración a principios dos 60, París durante o 68, de volta en Compostela nos 80 e desde entón á actualidade na primeira liña social. Contar a súa historia é contar a historia e merece máis espazo que esta descrición.

Naceu filla de solteira. Fala con orgullo da fortaleza da súa avoa e a súa nai, nun época machista e represora. Confesa con tristeza que unha semana antes de que a súa nai morrese, enferma do pulmón, na súa casa só se comía pan cocido en auga… o pan que se tiraba na casa na que servía. Por iso di que a súa nai morreu de fame.

Certos parentes vendéronlle Arxentina como El Dorado pero ao chegar só atopou máis miseria e unha proposta lindeira na prostitución que só a súa integridade, e a decencia do receptor da oferta, puideron derrotar. Buenos Aires, o Centro Galego da cidade e un bibliotecario ao que nunca estará o suficientemente agradecida encargáronse de cambiar a súa vida e a súa persoa.

Alí reencontrouse coa súa cultura e recuperou o orgullo de ser galega no poema de Cabanillas “Meu carriño!” que aínda recita con emoción “Lévame por onde escoite – a fala – doce e sentida – entre bicos deprendida – non colo de miña nai! – Roda polos nosos eidos – aunque hai lama non camiño – é túa terra, meu carriño – e a terra de meus avós!”.

Chegou a París catro anos antes do 68 e o seu espírito renacentista seguiuse formando naquela tolemia de liberdade e cultura; o seu amor pola poesía avanzou cara á propia creación e as súas primeiras obras naceron alí, lembra que o galego foi unha gran axuda polo parecido entre ambas linguas.

Os 80 collérona en Compostela onde coñeceu a Roberto Vidal Bolaño, asegura que foi o fillo que non pariu, tristeza e morriña soan cando o menciona. Segue activa e defende aos mozos nos que ten unha fe cega e eles cóidana e venérana. Se un quere saber o que foi Galicia nos últimos 80 anos non ten máis que pasar unha tarde con esta muller.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro do 2014

Post navigation

Previous: Adolfo Peiteado, Vedra
Next: Pazo do Faramello, romanticismo no Camiño Portugués

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.