Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Movendo os marcos

Movendo os marcos: Encordass Fiddle Fest

Presentamos o Encordass Fiddle Fest que xira en torno ao violín e que se celebrará na Illa de San Simón o 3 de xullo.
festival en cordas 15 xunho 2022

Galicia está tendo cada vez máis festivais especializados nun instrumento. En Lindeiros falamos xa do IKFEM, especializado nos teclados, ou do Noia Harp Festa, especializado en harpa. Hoxe traemos o nacemento dun máis para a colección, o Encordass Fiddle Fest que xira en torno ao violín e que se celebrará na Illa de San Simón o 3 de xullo.

Este festival forma parte de Galicia Fiddle é unha asociación cultural sin ánimo de lucro,

cuxo obxectivo é promover o emprego dos instrumentos de corda dun xeito alternativo. Esta asociación organiza na illa desde hai anos un campamento de verán no que traballan xuntos alumnos da ETRAD de Vigo, Erasmus chegados de outros países, profesores e invitados.

En ese ambiente xorde a necesidade de organizar un festival que leve á Illa de San Simón aos interpretes máis destacados en esta área musical.

A presentación do Encordass Fiddle Fest, tivo lugar na Casa dos Músicos (Xustáns), contando coa participación dos chelistas Mike Block e Natalie Haas, que brindaron o seu apoio ao evento na sede da asociación cultural Galicia Fiddle, como dixemos impulsora deste proxecto.

O violín é o fío condutor desta cita musical que se celebrará o domingo 3 de xullo, e que explora as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais con música galega nun espazo natural tan especial como é a Illa de San Simón.

As características do entorno e a singularidade do seu plantexamento, fan deste festival un evento de ocio de referencia. Un festival que aposta bandas galegas ao tempo que fomenta o intercambio cultural, así coma o coñecemento da natureza e o turismo na Illa de San Simón. Está dirixido a todas aquelas persoas interesadas na música acústica, e especialmente a aquelas que se interesan polo mundo do violín e buscan unha oferta musical alternativa e de calidade.

O Encordass Fiddle Fest ten tamén como obxectivo desmontar o tópico social que relega este instrumento á esfera formal da música clásica. O festival chega coa intención de “demostrar que o violín é accesible, plural, versátil, divertido, festeiro e, por suposto, festivaleiro!” din desde a organización.

A edición 2022 estará dedicada ás músicas populares do Brasil, que se darán a man coa música folk galega conformando un espectáculo polo que pasarán tanto solistas consagrados como bandas emerxentes, e que terá como colofón a actuación da Orquestra Encordass, con cerca de cincuenta músicos sobre o escenario.

Filpo Ribeiro, Alisson Lima, Ricardo Herz & Vanille Goovaerts, Pärbo ou Caldo, son algúns dos artistas que forman parte do cartel desta edición.

As persoas que asistan ao evento poderán desfrutar das actuacións musicais cun orixinal plantexamento, onde será o propio público quen decida a qué artistas quere ver, dentro dun abano de pequenos concertos simultáneos espallados pola illa nun formato íntimo e acústico, onde primará a proximidade ao escenario e a posta en valor do entorno. Tralo solpor, terá lugar no escenario principal do Campo das Alocucións o concerto final, coa participación de todos os artistas xunto coa orquestra de corda do festival.

Encordass Fiddle Fest tamén é toda unha experiencia cultural, na que os asistentes poderán gozar de visitas guiadas á Illa de San Simón, demostracións de capoeira, mostras de luthería, e mesmo un espazo onde poder experimentar a sensación de tocar un violín por primeira vez. Tamén haberá actividades gastronómicas coma un showcooking patrocinado por Cervezas Alhambra, degustacións de produtos galegos coma o choco de Redondela e o queixo San Simón, ou unha cata de viño da man da bodega Terras Gauda.

O acceso ás diferentes actividades estará suxeito ao tipo de entrada, tendo así diferentes modalidades e rango de prezos a escoller.

As entradas están á venda a través da plataforma Eventbrite, e incluirán o desprazamento en barco dende o peirao de Meirande (Rande) á illa de San Simón.

Post navigation

Previous: Ábrese un debate sobre os límites do uso institucional das redes sociais
Next: A Praza da Feira da estrada ábrese tras rematar a súa humanización

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel das próximas citas de Cultura Dispersa en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Rois continúa promovendo Cultura Dispersa

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.