Compostela, 26 de abril do 2024 – Este sábado abrirase a Feira do libro de Santiago de Compostela que se céntra na literatura con sinatura de muller, e contará con preto de 50 escritoras no seu programa.
A xornalista e escritora Lupe Gómez será a encargada de ler o pregón da Feira do Libro de Compostela a partir das doce e media no paseo central da Alameda. No acto participarán Patricia Porto, Contadora da Federación de Librarías de Galicia; Natividad González, Deputada de Cultura; José López Campos, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; e Goretti Sanmartín, Alcaldesa de Santiago.
Unha das figuras destacadas da Feira do Libro de Santiago será Luísa Villalta. Dúas presentacións arredor dela serán protagonistas, Por unha banda o libro “Luísa Villalta, Alma de Violino” de Beatriz Maceda, autora, e Laura Suárez, ilustradora.
Por outra parte o volume “Un ruído provocado(r): Voces arredor de Luísa Villalta” nunha presentación na que participarán as coordinadoras da publicación Montse Pena Presas e Mercedes Queixas Zas; acompañadas polo editor de Laiovento Prudencio Viveiro.
O acto desenvolverá ademais unha charla arredor da figura de Villalta na que participarán Montse Dopico, Pudencio Viveiro, Andrea Jamardo, editora de Cuarto de Inverno e a escritora Marga do Val. Unha cita que rematará co espectáculo Indóciles, un proxecto multidisciplinar con Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.
A todo isto sumánse unha conversa ao redor do feminismo coa historiadora e activista Eugenia Tenembaum, e a gravación dun episodio en directo de Trece Avisos, de Paula Carballeira, con María Solar.
Nos nove días de Feira do libro, ata o 5 de maio, caberán tamén mesas redondas sobre novela negra (“El trío del mal. Misterio, crímenes y narcotráfico en la novela” coa participación de Susana Rodríguez Lezaun , Rober Cagiao e Ulises Bértolo).
A diversidade funcional dentro do mundo literario (ContAZ Lengua de Signos representa A Maleta). E a música e a cultura urbana (beatbox, grafitti…) con David Brey e Pablo Castiñeira arredor de “Somos hip hop”.
Ademáis, este ano a Feira do Libro e a SELIC traballan man a man en dúas actividades conxuntas “Compostela Distopica/ Utòpica. Relatos da cidade”, unha conversa entre Diego Ameixeiras, Patricia Janeiro e Encarna Otero (arredor de Os Suicidantes e Rueiro da cidade escura); e un roteiro sobre Crime en Compostela de Carlos Reigosa.
Todo isto, aderezado con espectáculos infantís e familiares, lecturas, sinaturas e a presencia de máis de 50 autores e autoras, dispostos a converter Compostela no epicentro literario de Galicia por máis dunha semana.