Compostela, 26 de abril do 2024 – O piloto compostelá Luís Penido afrontar esta fin de semana a primeira proba do Campionato de Europa de Montaña, en Austria, e contará co patrocinio do concello de Santiago.
Un apoio ao que se suma ao de empresas como Plantamus, Hotel Congreso, Centro Dental Macía, ou a Xunta de Galicia. Luís Penido fixo o ano pasado algunha incursión en este campionato tan esixente pero este ano intentará acudir a varias das probas máis emblemáticas.
Esta fin de semana a cita austríaca desenvolvese en Rechberg pero quince días despois será a Subida ao Fito en Asturias e sete días despois a temida Rampa da Falperra en Portugal Un comezo duro no que probar equipo e coche.
A chegada a Austria foi accidenta xa que a furgoneta que levaba o vehículo por estrada tivo dous picadas e tivo que para a cambiar rodas. Por sorte chegou sen problemas e hoxe venres xa poderán pasar as verificacións para adestrar ma´ça sábado e correr o domingo.
Antes da partida falamos con Luís Penido que nos contaba o orgullo de levar o nome da súa cidade por toda Europa
A participación dun coche co patrocinio do concello de Santiago é sen dúbida un bo escaparate. En este tipo de probas poden xuntarse 150.000 persoas en directo, a elas hai que sumarlles todas as que verán por internet
Para decatarnos da complicación dunha proba de este tipo hai que dicir que o percorrido de 5 quilómetros faise en menos de 2 minutos. Unha media de velocidade altísima porque o trazado cheo de curvas ten dúas forcadas moi esixentes.
A todo isto hai que sumar a climatoloxía. Hai tres días a zona estaba nevada, hoxe pódense ver os prados pero a previsión é de temperaturas moi baixas.
Como dicía Luís Penido van con intención de aprender. Na presentación do patrocinio de Compostela na praza do Obradoiro xa explicaba que se trata dun proxecto a varios anos no que se intentará crecer e facer o mellor papel.
Desde Lindeiros desexámoslle toda a sorte do mundo e animamos aos posibles patrocinadores a colaborar nun proxecto moi interesante cun piloto cun palmarés brillante e moi profesional. Lembramos ademais o traballo que desenvolve en empresas de carácter social como Trameve e a súa implicación na vida de Compostela que o fan unha das persoas queridas da cidade e do deporte municipal.