займ срочно

Movendo os marcos: IKFEM

0

En Movendo os marcos sempre procuramos motivar aos nosos lectores con propostas distintas pero o IKFEM das máis especiais.

Detrás de IKFEM está o International Keyboard Festival & Masterclass. Un encontro (18 ao 22 agosto) que combina concertos con clases profesionais en torno ao teclado. Piano, clae ou órgano levan unha boa parte do protagonismo do encontro.

A outra particularidade do IKFEM é que se celebra na eurocidade Tui Valença. Unha colaboración única entre as dúas beiras do Miño. A pianista tudense Andrea González foi a impulsora alá polo ano 2013 e con ela falamos sobre esas dúas facetas

Nun só espazo é doado atopar o patrimonio, as similitudes, entre Portugal e España, e ao mesmo tempo as diferenzas. Unha ponte entre culturas que se reflicte na propia ponte física que que une ás dúas vilas

Andrea González

O público é outra das particularidades do IKFEM, a dicir de algúns dos músicos que participaron moi silencioso pero como nos conta Andrea González tamén moi caluroso

A presenza de artistas de primeiro nivel fai que a parte educativa do festival cobre especial importancia. A directora explica que a formación continúa é fundamental no campo da música en particular e das artes en xeral

O programa de este ano esta cheo, unha vez máis, de calidade. Andrea González o debulla polo miudo para nos

O IKFEM é unha boa oportunidade para coñecer novas músicas pero tamén para achegarse á eurocidade Tui Valença. Son moitas ás cousas que unen ás dúas vilas e pasear por elas é coñecer dous xeitos de entender o patrimonio e a vida, dúas formas de preservar a historia dunha zona que posiblemente estea debuxando o futuro dos dous países.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies