займ срочно

Volve a Festa do Queixo de Arzúa reivindicado o rural

0

Arzúa, 18 de febreiro do 2022 – A 47º edición da Festa do Queixo de Arzúa foi presentada na Granxa Curiscada, sede da queixería Verbas, como un símbolo da volta ao rural.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, defendeu a celebración da presentación da Festa do Queixo no rural “sei o complicado que resulta para os medios achegarse ata aqui pero non ten sentido que invistamos tantos cartos para acabar dándolle publicidade a locais de Compostela. Así temos visibilidade onde hai que tela”.

Unha Festa do Queixo segura

O alcalde agradeceu a asistencia aos presentes e fixo unha revisión do traballo realizado para a preparación da festa e as dificultades atopadas este ano aínda de pandemia. Insistiu en que a prioridade este ano foi conseguir unha Festa do Queixo segura.

García definiu a organización da Festa como complicada “empezamos moitos meses antes e fomos variando a mesma, case cada mes por mor da pandemia, se plantexaron distintas versións ata chegar a esta. Sobre todo será unha festa segura”.

 Serán 3 días con 6 concertos vermú e queixo maquetón. No multiusos manteránse as distancias e haberá 56 queixerías e 5 novas, de Lugo, Ourense, Zamora e dúas de Badajoz. O orzamento que máis creceu foi o de seguridade. Unha empresa privada fará vixilancia e control de accesos tanto para o recinto como para o festival. Será gratuíto pero con control de aforo.

Para toda a programación haberá que ter unha entrada. A necesaria para o pregón e a actuación de Sr. Salvaje, gañadores do Queixo Maquetón, recollerase no departamento de cultura. Para os concertos do Festival do Queixo na web Ataquilla.com.

Pregón e Festival do Queixo

O pregón terá como convidada á doutora e campioa paralímpica en Tokio 2020, Susana Rodríguez Gacio, como xa contamos hai uns días.

O Festival do Queixo será, coma sempre, gratuíto baixo carpa con control de entrada e saída. Non haberá barras dentro. Por normativa e os asistentes estarán divididos en dúas parcelas de 500 persoas.

O sábado pola noite actuará o cantante mallorquínMar Seguí  “para incorporar idades adolescentes que quedaban un pouco alleas” xa que conta con 600 M de visualizacións entre 14 e vintetantos anos.

A continuación Zahara presentará o seu disco para recalcar mensaxes en torno ao dia da muller.

O alcalde, José Luís García, explicou que o domingo “non van a estar as Tanxugueiras, son fan das Tanxugueiras, pero hai vida despois e estiveron aínda en setembro e daquela quedaron ocos libres”.

O festival folk contará co grupo Ailá e Guadi Galego, dúas actuacións que nunca estiveran en Arzúa.

Arzúans do ano

 .Por último, o alcalde quixo facer unha mención especial aos Arzuáns do ano. Serán 6 e tres moi especiais, por ser colectivos tan relacionados con esta pandemia “Os nenos e nenas de Arzúa, foron os pregoeiros do pasado ano, e como a homenaxe do ano pasado quedou un pouco diluído, serán premiados este ano. Exemplo de responsabilidade. Escoitar o mestre con demasiadas distraccións e normas extras. exemplo de adaptación á pandemia”. Un/unha representante de cada centro educativo da vila recollerá o premio nos actos de inauguración e pregón.

O persoal sanitario de Arzúa (do centro de saúde), pola súa capacidade de traballo e esforzo. O Concello decidiu outorgar tamén outro premio conxunto a este colectivo. Desexa manifestar o seu orgullo dos profesionais sanitarios, e quere así poñer en valor o seu esforzo fronte a COVID-19. Así con este recoñecemento, desexa agradecer publicamente o esforzo particular e colectivo, o sacrificio laboral e persoal, o seu compromiso nestes xa 24 meses de pandemia e de sempre, na atención prestada aos veciños e veciñas de Arzúa.

A residencia San José, polo coidado aos nosos maiores. Igualmente, o Concello decidiu outorgar tamén este outro premio colectivo, polo seu esforzo e labor desenvolvida desde o primeiro momento, nunha situación sanitaria onde non se coñecía a súa repercusión, afectando maiormente a unha parte da poboación especialmente vulnerable.

García continuo co apartado deportivo “O club de nataciónnon deixa de darnos alegrías, case todos os anos temos algún arzuán do ano nadadora campioa de España absoluta en 800 m libres. Carla Carrón, nadadora do Club Natación Arzúa, pechou o seu recente paso polo campionato de España absoluto de inverno con dúas medallas de ouro, en 400 e 800m libres, a pesares de estar en idade junior”.

Diego Quintela, xogador profesional de fútbol sala no Pescados Rubén Burela FS e foi convocado pola selección de fútbol sala de España. Xa fora pregoeiro nunha edición anterior e este ano é premiado tanto polos seus éxitos deportivos, cunha gran traxectoria, pois xogou tamén no A. Lobelle, FC Barcelona e Palma Futsal, como pola súa recoñecida humildade e traballo.

No apartado cinematográfico a Festa do Queixo recoñece a Xosé Zapata, premio Goya á mellor curta de animación. O director, produtor e guionista estivera xa tres veces antes nomeado aos premios Goya, e foi agora cando o acadou con “The Monkey”, a curtametraxe que codirixiu xunto con Lorenzo degl’Innocenti e na traballaron un cento de persoas.

Outras actividades

Aurora Varela, concelleira de Cultura, Educación e Participación Veciñal Explicou polo miúdo o programa completo que comezará o xoves na EFA Piñeiral, cun encontro sectorial cas queixerías. “Teremos catas comentadas do queixo DOP Arzúa-Ulloa polo consello regulador. Leva varios anos facéndose. En centros educativos antes e despois da festa. Para que pillen os valores”.

O venres catro a exposición de cartaces da última década da festa e a súa reprodución doce, pois os cartaces irán tamén reproducidos en tartas. Tamén o venres a DOp fai un concurso de tapas petiscos.

O sábado as 11:00 h terá lugar o certame de escritura rápida ArzúaXpress. Baixo unha inscrición se lle dará un concepto relacionado co concello e produto, e poden recoller outras cousas do patrimonio cultural “Este relato estará máis dirixido a recuperar a xuventude para enviar a mensaxe de que Arzúa e de todxs”.

Aurora Varela falou tamén da animación nas rúas con varios grupos de gaitas, xigantes a cabezudos.

Ás 18:00 no local de Santa María a presentación do libro de relatos de 2021 e a entrega do premio aos relatos do ArzúaXpress.

O domingo sesión vermú coa banda de música de Arzúa, ás 12 h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies