Arzúa, 14 de febreiro do 2022 – Arzúa acollerá en marzo a 47º edición da Festa do Queixo que contará con Susana Rodríguez, campioa paralímpica en Tokio, como pregoeira.
Nada en Vigo no 1988 Susana Rodríguez é licenciada en medicina pola universidade de Santiago de Compostela e médico especialista en Medicina Física e Rehabilitación no complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela.
Na súa faceta deportiva Susana Rodríguez foi 4 veces campioa do mundo, 2 veces campioa de Europa e ouro en Tokio 2020 en tríatlon adaptado o que a converte na número un do ranking mundial. Susana naceu con albinismo, que fai que teña un pelo e unha pel moi brancos e que a súa visión sexa bastante inferior á da maioría das persoas, unha condición xenética que afecta a unha de cada 20.000 persoas.
Susana foi portada da prestixiosa revista estadounidense Time grazas ao seu labor na loita contra o Coronavirus como médico traballando en primeira liña no Hospital de Santiago.
Pregoeira en Arzúa
Susana Rodríguez inagururá a 471 Festa do Queixo de Arzúa co seu pregón. Tera lugar o sábado 5 de marzo as once e media da mañá. Para estes actos hai que reserva entrada no teléfono 981500222 ou recollela de xeito presencial na Concellaría de Cultura do concello de Arzúa.
A continuación entregaranse os premios do concurso de tapas, de carteis e Arzuán do ano 2021. A mañá rematará co concerto dos gañadores do concurso Queixo Maquetón, Sr. Salvaje de Compostela.