займ срочно

O alcalde de Ordes perde a moción de confianza e a oposición ten un mes para presentar a de censura

0

Ordes, 16 de xuño do 2017 – O alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, perdeu a moción de confianza á que se enfrontaba no día de onte e agora terá que agardar un mes para saber si se aproban os orzamentos ou se enfronta a unha de censura.

A vinculación dos orzamentos a unha cuestión de confianza non é nada novo na bisbarra xa que antes déronse casos por exemplo en Teo no 2014 ou en Ames no 2008. Esta fórmula permite que os orzamentos sexan aprobados si no mes posterior a perda de confianza non se presenta unha moción de censura. Os orzamentos así aprobados serán tamén prorrogados un ano máis sen necesidade de ningunha votación polo que o alcalde de Ordes terá, se non se presenta a censura, a posibilidade de chegar as vindeiras eleccións con estas contas.

Onte a moción de confianza obtivo un resultado de 11 votos en contra e 5 a favor, os do grupo de goberno. Uxo dispuxo so de cinco votos ante a ausencia dun dos seus concelleiros, algo que non tivo relevancia xa que toda a oposición, incluídos os non adscritos, votaron en contra de José Luís Martínez.

A posibilidade de que se presente unha moción de censura é complexa. A última modificación da lei electoral, pensada para evitar os casos de transfuguismo di: “a) La moción de censura deberá ser propuesta, al menos, por la mayoría absoluta del número legal de miembros de la Corporación y habrá de incluir un candidato a la Alcaldía, pudiendo serlo cualquier Concejal cuya aceptación expresa conste en el escrito de proposición de la moción.

En el caso de que alguno de los proponentes de la moción de censura formara o haya formado parte del grupo político municipal al que pertenece el Alcalde cuya censura se propone, la mayoría exigida en el párrafo anterior se verá incrementada en el mismo número de concejales que se encuentren en tales circunstancias”. Uxo podería presentar unha moción de censura, os 6 concelleiros máis os dous non adscritos e a abstención do Psoe sería suficiente pero en virtude de este artigo agora se precisan dous votos máis para acadar a maioría absoluta polo que todo queda en mans do BNG. Os nacionalistas en agosto de 2016 decidiron en asemblea que para sentarse a negociar unha moción de censura terían que dimitir os concelleiros de UXO Manolo Regos, Silvia Marín e Roberto González pero case un ano despois terase que ver si o Bloque segue pensando o mesmo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies