займ срочно

O goberno de Ordes non consegue aprobar os orzamentos e pensa na moción de confianza

0

Ordes, 9 de xuño do 2017 – O goberno municipal de Ordes viu rexeitada a proosta de orzamentos e terá que valorar si os vincula a unha moción de confianza e a amenaza dunha moción de censura.

As contas rexeitadas ascenden a preto de 9.100.000 € e só foron avaladas polos cinco membros do Goberno Local, votando en contra os once concelleiros da oposición presentes na sesión. Unhas contas “niveladas nos seus estados de ingresos e gastos” segundo o informe de Intervención, e que “cumpren coa normativa reguladora das Facendas Locais”.

As contas según o equipo de goberno caracterízanse polo mantemento dos servizos esenciais, con especial dedicación aos colectivos máis desfavorecidos, sendo as súas liñas fundamentais o saneamento das contas municipais mediante a contención do gasto  público e a eficiencia na asignación dos recursos municipais. Tamén se sinala a sustentabilidade dos servizos municipais fundamentais, o mantemento dos créditos ás políticas sociais, de emprego e fomento económico, así como aos investimentos produtivos.

Cuestión de confianza

José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, avanzou que nestes días tratará co seu equipo a posibilidade de formular á corporación unha cuestión de confianza que, de prosperar, daría luz verde a estas contas. No caso de perdela a oposición tería un prazo para presentar unha moción de censura e non caso de non facelo os orzamentos tamén quedarían aprobados.

Non adscritos

O grupo dos non adscritos baseou a súa oposición aos orzamentos en aspectos relacionados coa participación cidadá na súa confección ou no incremento do gasto en servizos sociais a través da Mancomunidade de Ordes (36.000 €), entre outros.

UXO

Baseándose en aspectos legais tanto o Interventor como o Secretario municipal rexeitaron as emendas formuladas por UxO, cuxa aplicación poría en risco servizos esenciais no día a día da cidadanía ordense. A demora no seu rexistro imposibilitou o seu estudo e o informe preceptivo dende o punto de vista da legalidade orzamentaria. No relativo ás cuestións relacionadas cos pagos aos traballadores municipais, á supresión da convocatoria pública de prazas ou os posibles cambios na RPT a negativa a debatelas fundamentouse nar competencia exclusiva  do alcalde. Este lembroulle á bancada de UxO que a RPT vixente a día de hoxe “foi aprobada no ano 2010 por vostedes e non se chegou a pesentar ningunha alegación no prazo pertinente”. Martínez Sanjurjo tamén cuestionou abertamente “que estes incrementos salariais, a día de hoxe inasumibles polo Concello, non se aplicaran ao longo dos oito anos que estiveron no poder”.

As elevadas reducións económicas plantexadas nas emendas dos independientes ascenden a un total de 594.000 €, as cales se asignarían á amortización de débeda. En palabras de José Luis Martínez Sanjurjo a dita proposta faría inviables servizos como o guindastre, o asesoramento urbanístico. Tampouco se poderían manter as instalcións municipais eléctricas ou os mantemento de parques públicos e zonas verdes en condicións favorables. Impedirían tamén cumprir coa normativa vixente relacionada coa recollida selectiva de papel e cartón, ou incluso co referente á publicación dos anuncios no BOE, DOG E BOP, o que imposibilitaría a posta en marcha de calquera acordo aprobado no Concello.

 

Psoe

O Partido socialista votou en contra dos orzamentos porque non se recollen as propostas presentadas polo partido. O voceiro municipal socialista, Alejandro Manteiga, explica que “os socialistas presentamos nove emendas aos orzamentos, que non aparecen recollidas de forma específica na documentación levada ao pleno, por moito que o alcalde insistiu no debate en que se contemplarían no epígrafe de estudos e traballos técnicos”. O voceiro municipal socialista tamén amosou a súa sorpresa por que “máis do 12% dos orzamentos, é dicir, máis de 1,100.000 euros figuren baixo un epígrafe xenérico como estudos e traballos técnicos. Non é lóxico

BNG

O BNG tamén votou en contra dos orzamentos ” xa que non viron satisfeitas as propostas que presentaron no mes de novembro” según o portavoz nacionalista Pablo Vidal. Consideran ridícula a cantidade de 20.000 € para a posta en marcha dun viveiro de empresas, cren que destinar 3.000 € a unha bolsa para deportistas destacados é unha tomadura de pelo, e consideran que querer destinar 60.000 € a construción dun centro sociocomunitario no Campo da Feira e a volta as obras “faraónicas”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies