займ срочно

Xunta, ANPAS e profesores coinciden no uso múltiple do transporte escolar

0

Compostela, 18 maio 2017 –  A Xunta de Galicia, as principais agrupacións de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Anpas) de Galicia e representantes docentes puxeron de manifesto a súa postura común a favor da integración do transporte escolar e o transporte regular de pasaxeiros.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantiveron un encontro con responsables de Confapa  e de Anpas Galegas, así como con representantes da Inspección Educativa, e da xunta autonómica de directores.

Na xuntanza, todas as partes coincidiron en sinalar que o proxecto da Xunta para a integración do transporte escolar no transporte regular representa unha gran oportunidade para mellorar a mobilidade dos galegos, especialmente dos habitantes do rural. Así, mesmo, indicaron que se trata dunha ocasión para favorecer o intercambio xeracional e a convivencia que redundará en beneficios tanto para nenos como para maiores.

Os representantes do Goberno galego informaron de que a integración do transporte escolar co transporte regular é un dos eixes sobre os que pivota a reordenación do transporte público de Galicia que se activará nos vindeiros meses. Sinalaron que este proceso se activará nos próximos meses de forma piloto no marco da primeira fase de reordenación do transporte público e se avaliará o seu funcionamento de cara á segunda fase, fixada para  2019.

Nese escenario, garantiuse que a prioridade será o correcto funcionamento do transporte escolar, quedando blindada a atención das necesidades do alumnado en canto  a horarios e as paradas, así como asegurando a figura do acompañante escolar en todas as liñas.

A Xunta avanzou que a finais do presente mes de maio se someterán a información pública os proxectos de contratos de explotación das liñas de transporte regular que integrarán o transporte escolar, para o que se abrirá un prazo de alegacións de 10 días.

Os membros do Goberno galego trasladaron que as prazas vacantes do transporte escolar xa están a ser empregadas xa para o transporte de pasaxeiros en moitos lugares de Galciia a través do programa Tes+Bus.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies