займ срочно

O Barbanza e a Xunta buscan a mellora do transporte de viaxeiros con Compostela

0

Bisbarra, 21 de xullo do 2022 – Os concellos do Barbanza e Porto do Son reuníronse con representantes da Dirección Xeral de Mobilidade para buscar a mellora do transporte na zona.

 

Por parte do organismo autonómico participaron o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na provincia da Coruña, José Antonio Álvarez. Por parte dos concellos estiveron presentes San Caetano o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo; de Rianxo, Adolfo Muíños; de Ribeira, Manuel Ruiz; e a xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro ademais de representantes da empresa concesionaria do transporte público.

O encontro dá continuidade ao mantido o pasado mes de outubro no que os representantes municipais quedaron emprazados a trasladar as súas achegas para unha proposta de reestruturación dos servizos formulada pola empresa concesionaria.

No novo deseño presentado a compañía analizou e tivo en conta as enquisas realizadas polos concellos entre a veciñanza para coñecer de primeira man as necesidades dos usuarios. De aí sae unha proposta de que prevé unha redución dos tempos de viaxe con Santiago de Compostela e a mellora das conexións na bisbarra.

A configuración deseñada inclúe crear servizos directos entre Ribeira e Santiago de Compostela cunha duración estimada en 60 minutos, que estarían conectados co resto de localidades do Barbanza a través de 3 liñas lanzadeira. Outros servizos serían semidirectos, por estrada entre Ribeira e A Ponte de Té, no concello de Rianxo, continuando cara a Santiago de Compostela por autoestrada.

A oferta de servizos da conexión coa capital galega completaríase con liñas por estrada con itinerario por Padrón ou por Noia, atendendo deste xeito tamén ao concello de Porto do Son.

A reestruturación destes servizos acompáñase dunha mellora das comunicacións entre as poboacións da comarca do Barbanza a través das liñas que atenden o traxecto parcial entre Ribeira e Boiro por estrada.

A nova proposta de transporte recolle tamén as posibilidades de axustar a oferta segundo a evolución da demanda ao longo do ano. Máis en detalle, tense en conta que existen liñas que rexistran un pico de usuarios no verán e valórase mellorar a oferta durante as festividades. 

Agora este deseño será avaliado máis polo miúdo pola Dirección Xeral de Mobilidade e polos concellos do Barbanza e de Porto do Son para avanzar no reforzo do transporte público na bisbarra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies