Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación da Coruña presenta as novidades do POS+ 2024

Máis de cen millóns de euros será a cifra de investimento que a Deputación da Coruña superará nos concellos da provincia gracias ao POS+ 2024.
deputacion-plan-unico-concellos-slide-26-abril-2024_r

Bisbarra, 26 de abril do 2024 – Máis de cen millóns de euros será a cifra de investimento que a Deputación da Coruña superará nos concellos da provincia gracias ao POS+ 2024.

As novidades do POS+ máis foron presentadas polo presidente de organismo provincial, Valentín González Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira Varela, e a deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García Rey.

Formoso destacou a liberdade que supón para os concellos decidir o destino dos investimentos e o cualificou de cambio revolucionario “Xa non hai plans de piscinas ou de campos de fútbol de herba artificial que obrigaban aos concellos a facer estas infraestruturas, as necesitaran ou non, ou a perder os fondos. Hoxe os concellos da provincia poden decidir a que destinan os seus recursos da Deputación”.

O POS+ da Deputación chegará a un novo récord ao alcanzar os 100,5 millóns de investimento. Valentín González engadiu que “Desde a súa creación en 2017, o Plan Único supuxo máis de 718 millóns de investimento nos concellos, máis de 4.000 obras e miles de servizos básicos que melloran a calidade de vida da cidadanía nos 93 concellos da provincia”.

Necesidade de que a Xunta mellore o financiamento dos municipios

O presidente provincial contrapuxo este modelo co da Xunta de Galicia lembrando que “para todos os concellos de Galicia a Xunta destina 113 millóns de euros a través do Fondo de Cooperación Local, que leva conxelado unha década, mentres que a Deputación inviste máis de 100 millóns de euros só nos concellos da provincia da Coruña”.

O vicepresidente, Xosé Regueira, secundou que se trata dun “plan revolucionario” e que permite o financiamento da “maioría da obra pública dos concellos”. O financiamento local, apuntou, “é a gran materia pendente do estado e, conscientes diso, dende a Deputación queremos apoiar aos nosos 93 concellos a través deste Plan Único que, ademais, asumen cada vez máis competencias”.

Pola súa parte, a deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, sinalou que “a mellor parte vén cando estes cadros cheos de cifras se converten en realidades, en melloras na accesibilidade de rúas e espazos públicos, melloras de centros educativos e deportivos municipais, creación de xardíns e zonas verdes, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público” grazas a un plan que, ademais, “lles permite aos concellos soster servizos públicos básicos coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria”.

Post navigation

Previous: Comeza a Feira do libro de Santiago coas mulleres como protagonistas
Next: A Baña mellora as contas pero a débeda segue superando os 800.000 euros

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.