займ срочно

O Entroido será un Ben de Interese Cultura, BIC

0

Bisbarra, 22 de xaneiro do 2024 –  A Xunta de Galicia inicia a tramitación do Entroido Tradicional Galego como Ben de Interese Cultural, BIC, a figura de máxima protección patrimonial.

A tramitación, dentro do apartado de patrimonio inmaterial, será publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia. Unha nova adiantada polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, esta fin de semana.

O Conselleiro destacou o valor destas celebracións que definen “a particularidade etnolóxica, social e cultural do noso territorio e que son merecedoras da maior protección posible”. O inicio dos trámites publicarase este xoves e o expediente deberá resolverse nun máximo de 24 meses.

O expediente BIC “terá en conta o interese etnolóxico, a función social e a riqueza cultural e patrimonial desta celebración nas súas diferentes representacións e expresións” explicou o titular de Cultura do Goberno galego.

Ampla distinción á celebración

A declaración realízase en senso amplo para toda a celebración, non circunscrita só a unha serie de festexos. Conta con precedentes: os entroidos de Santiago de Arriba (Chantada), Salcedo (A Proba do Brollón) e Esgos, que xa foron declarados BIC no marco da declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra aprobada en 2018.

Ademais, varios entroidos contan co recoñecemento, noutro ámbito, como festas de interese turístico. Trátase do de Xinzo de Limia, que é festa de interese turístico internacional; o de Verín, que se constitúe como festa de interese turístico nacional; e outros nove entroidos que están recoñecidos como festas de interese turístico de Galicia: Cobres, Laza, Viana do Bolo, o Folión tradicional do Entroido de Manzaneda, os Xenerais da Ulla, Maceda, Vilariño de Conso, Foz e o Enterro da Sardiña de Marín.

Con esta incoación, a Consellería de Cultura quere “ir un paso máis aló e realizar unha reivindicación xeral do Entroido en Galicia”, declarou Román Rodríguez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies