займ срочно

Brión pecha a Carballeira de Santa Minia pola caída dunha árbore

0

Bisbarra, 2 de maio do 2024 – O Concello de Brión decidiu pechar temporalmente a carballeira de Santa Minia tras a caída de parte dunhas árbores.

O desprendemento en Santa Minia non produciu danos persoais nin materiais. De todos xeitos obrigou aos técnicos municipais a acordoar a zona ata que os especialistas analicen a situación e indiquen as accións a seguir.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, que se desprazou ata a carballeira para valorar a situación, explica que “agardaremos a ver que nos din os expertos pero todo apunta a que a infección con Armillaria Mellea está máis estendida do que pensabamos e que pode afectar a toda a carballeira, polo que procederemos a pechar temporalmente o acceso á zona para garantir a seguridade das persoas e promoveremos a análise do resto das árbores da carballeira de Santa Minia para coñecer o seu estado e as medidas a tomar”.

A caída este mércores dunha parte dun dos carballos próximos á capela coincide cun dos síntomas indicados polos expertos nas reunións abertas coa veciñanza. A Armillaria Mellea, enfermidade para a que non hai cura posible, provoca a putrefacción do sistema radicular do carballo e, en consecuencia, a morte da árbore por inanición ao non poder absorber nin a auga nin os nutrintes do chan.

En ocasións, a propia árbore opta por desfacerse dunha parte das súas ramas nun intento de sobrevivir ao fungo, o que ocasiona sucesos como este pese a non ser unha xornada con vento.

Pablo Lago adianta que hoxe xoves volverá a reunirse cos técnicos especializados que se están a encargar da repoboación parcial da Carballeira de Santa Minia para analizar os pasos a dar e que se habilitarán camiños seguros para que os veciños e veciñas poidan acceder ás instalacións municipais que rodean a carballeira con normalidade e sen ningún tipo de risco: Casa da Cultura, sala municipal de exposicións, biblioteca municipal e aula CeMIT, entre outras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies