Bisbarra, 16 de maio do 2024 – O BNG urxe á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a que aproveite o período de vacacións para arranxar o CEIP Barrie de la Maza de Santa Comba.

O voceiro do BNG en Santa Comba, Juan David Sixto, e a Deputada Iria Carreira visitaron de novo o centro e insistiron en que “sería unha irresponsabilidade gravísima que non se solucionasen as eivas antes do inicio do novo curso”.

O portavoz nacionalista, Juan David Sixto, e a deputada no Parlamento Galego, Iria Carreira, visitaron de novo o CEIP Barrié de la Maza para se reunir con representantes da ANPA e comprobar de primeira man a situación que atravesa o centro con graves problemas de estado das instalacións.

Iria Carreira explicou que “Instamos á Xunta no Parlamento a que iniciase o proceso para un proxecto de reforma integral do centro educativo que, como podemos comprobar, é máis que necesaria mais, en todo caso, urximos de novo a que se aproveite o período vacacional para solucionar os problemas máis graves que afectan ás instalacións”.

Como puideron comprobar na visita, o CEIP Barrié de la Maza padece evidentes problemas de illamento, con xanelas de cristal único e en pésimas condicións, o que se agrava aínda máis cun sistema de calefacción insuficiente que no inverno no consegue alcanzar unha temperatura adecuada en certas dependencias como o propio ximnasio.

As demandas dos pais  están avaliadas por informes técnicos como os derivados dunha inspección de sanidade por humidades na cociña e no almacén que detectou riscos de intoxicación alimentaria e perigo eléctrico ademais dunha avaliación que instou a realizar actuacións de emerxencia en oito aulas e un aseo.

A falta de seguridade para o alumnado afecta tamén a outros espazos das instalacións como o patio de xogo que presenta estruturas de formigón romas e un areeiro  de cantería que non ten condicións para ser usado polas crianzas. Estes problemas súmanse a outras deficiencias como a falta de aseos para o alumnado, o espazo reducido do ximnasio e a biblioteca que obriga aos eu uso por quendas que indican a necesidade de modernización e mellora das instalacións.

Unanimidade nas demandas

Polo CEIP Barrie de la Maza de Santa Comba xa pasaron tanto Psoe como BNG, o equipo de goberno municipal xa mostrou o seu apoio e os país mostráronse dispostos a continuar coas mobilizacións o tempo que faga falta.

Polo momento no hay novas desde a Consellería de Educación polo que ou se afronta o problema xa, este mesmo verán como pide o BNG, ou o vindeiro curso as opcións son seguir cos mesmos problemas ou enfrontar un curso con obras no colexio.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies