займ срочно

Xunta e USC continuarán investigando o uso do galego nas redes e na mocidade

0

Compostela, 30 de marzo do 2021 – A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a USC renovaron o convenio de investigación que apoia ao Instituto da Lingua Galega.

Trátase dun convenio de catro anos, fronte aos de dous anos asinados ata o momento. Co acordo dase maior estabilidade á colaboración cos equipos de investigación da USC, e avanzase nos estudos científicos sobre o galego nas redes sociais, a mocidade e a familia, entre outras áreas de traballo. Na sinatura participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López.

Tres liñas de investigación

A Xunta sufragará o 58% do investimento para tres liñas de investigación nas que o ILG está a traballar, mentres a USC aportará o importe restante. En concreto, este convenio permitirá pescudar no coñecemento do uso do galego da xente nova, con estudos que analizarán como interactúan en galego nas redes sociais e nas plataformas de comunicación de texto e voz, nomeadamente a través de Whatsapp e Telegram ou similares. Estudarase tanto a utilización de recursos lingüísticos como os non lingüísticos como iconas, emoticonas, gifts e outros materiais gráficos.

13,30 h.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinarán un convenio de colaboración en materia de investigación lingüística. Na biblioteca do Instituto da Lingua Galega (praza da Universidade, 4).
foto xoán crespo
29/03/2021

Ademais, tamén se estudarán os procesos de mantemento, transmisión e cambio de lingua nas familias galega e avanzarase nos estudos que se están a realizar no ILG sobre competencia escrita en lingua galega do estudantado de 2º de Bacharelato. Tamén se seguirá  traballando no Atlas Lingüístico Galego, ferramenta que permite coñecer e actualizar a realidade lingüística desde o punto de vista gramatical e léxico e por zonas, e   continuarase a investigar no patrimonio literario na historia e poranse en marcha, entre outros, proxectos e investigacións interdisciplinares sobre a lingua, o notariado e outros ámbitos da escrita da Galicia medieval.

Retos de futuro

O convenio desenvolverase ata o 2024 e conta cun investimento global de 825.360 euros, dos que o Goberno autonómico achegará 480.000 euros. Esta colaboración enmárcase no traballo da Xunta de Galicia pola dinamización e promoción da lingua galega en todos os ámbitos sociais. Este ano, a Xunta incrementou o seu orzamento nun 53% no ámbito da política lingüística, con melloras en campañas de normalización, programas de promoción, actividades de formación ou apoio a empresas editoras para proxectos en lingua galega.

Ademais, trabállase en retos para a lingua galega no século XXI como no do fomento da transmisión interxeracional da lingua nas familias, os desenvolvementos tecnolóxicos que permitan interactuar en galego no mundo dixital e tamén nesta lexislatura España, a través do impulso de Galicia, ingresará na CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa).

Os resultados avalan a política lingüística da Xunta. De feito, nos últimos anos, o galego vénse reforzando. Hoxe na nosa Comunidade falan galego máis persoas que fai cinco anos, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). Ademais, o último informe PISA constata que Galicia é a comunidade autónoma onde o alumnado fala dúas linguas con máis facilidade. De feito, o 96% do alumnado afirma falalo o bastante ben como para conversar con outras persoas, por diante das outras comunidades con lingua propia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies