Rois, 26 de decembro do 2016 (fonte Xente de Rois) – Xente de Rois presentou unha moción, que defenderá no próximo Pleno Ordinario de Rois o luns 2 de xaneiro, instando ao equipo de goberno ao cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno,
Segundo esta lei os concellos teñen que facilitar publicamente información sobre contratos municipais, contas públicas, retribucións dos cargos e outras cuestións polo estilo. Esta lei esixe que esta información, ademais de estar dispoñible nas dependencias municipais, tamén o estea na web.
Pere Tobaruela, concelleiro de Xente de Rois, afirma que “preguntamos, por primeira vez no Pleno Ordinario de 7 de xullo de 2016, cando pensaba axustarse a esta lei o equipo de goberno de Rois. Pregunta que volvemos repetir, ante a dilación, no Pleno Ordinario de 9 de setembro de 2016 e no de 7 de novembro de 2016. Se fai ou non fai, a resposta sempre foi a mesma, “que se estaba niso”. Pero a realidade é ben diferente e a día de hoxe o noso concello está a incumprir a dita lei”.