займ срочно

Xente de Rois denuncia ao concello ante a Valedora do Pobo

0

Rois, 1 de xuño do 2017 – A formación Xente de Rois ven de denunciar ante a Valedora do Pobo ao concello por non cumprir coa lei de transparencia.

Xente de Rois lembra que segundo a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, os concellos teñen que facilitar publicamente información sobre contratos municipais, contas públicas, retribucións dos cargos e outras cuestións polo estilo. Esta lei esixe que esta información, ademais de estar dispoñible nas dependencias municipais, tamén o estea na web. Para facilitar a posta ao día das diferentes administracións públicas, principalmente as locais, houbo unha moratoria de dous anos na súa aplicación, unha dilación do prazo que expirou o mes de xaneiro de 2016. Logo a partir desta data é unha lei de obrigado cumprimento.

Xente de Rois explica que preguntou pola aplicación de dita lei no Pleno Ordinario de 7 de xullo de 2016, cando pensaba axustarse a esta lei o equipo de goberno de Rois. Dita cuestión foi reiterada nos plenos de setembro e novembro do ano pasado e nos de marzo e maio de este 2017. Xente de Rois denuncia que aínda que a resposta sempre é que se está traballando no tema a realidade e que a lei non se aplica e polo tanto decidiron levar a cuestión ante a Valedora do Pobo que agora terá que decidir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies