займ срочно

A Virxe da Bandeira, atopada nun domicilio, exhibirase no Centro Cultural Vista Alegre

0

Silleda, 16 de decembro do 2017 – O Concello de Silleda depositará no Centro Cultural Vista Alegre unha talla en pedra dunha Virxe, localizada nun patio da Bandeira o pasado mes de marzo.

Esta peza escultórica dunha virxe, que probablemente formaba parte dun cruceiro, data segundo os expertos do século XVIII.  A peza foi entregada por unha veciña da Bandeira ao realizar obras no patio traseiro da súa vivenda, sita na rúa Xeral, o pasado mes de marzo.

Esta veciña, á que o Concello de Silleda agradece o xesto, entregou a peza no Concello para a súa posterior revisión por parte de Patrimonio, a onde se remitiu a peza para o seu preceptivo estudo.

Dende o Concello solicitouse ademais depositar a peza e expoñela na propia localidade, en concreto nas dependencias municipais do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, petición á que Patrimonio accedeu o pasado mes de setembro.

Así, nas vindeiras semanas esta talla de pedra será colocada nunha peana e coas preceptivas indicacións dos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio. Dende o Concello agradecese o xesto desta veciña ao entregar esta peza de pedra que agora poderá ser contemplada polo público na propia localidade na que se atopou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies