Bisbarra, 9 de abril do 20244 – Este sábado 13 na parroquia de Graba, en Silleda, celébrase por segundo ano a Festa do Raxo.
Graba organiza unha festa na que, ademais, da cea, poderase desfrutar da música do dúo Punto Zero e do DJ Quintana. Para que todo o que asista este cómodo, colocarase unha gran carpa, mesas e sillas.
O menú inclúe raxo, patacas, pementos, pan, bebida, sobremesa e café. O prezo é de 18 euros, 12 para os menores de 10 anos e gratis para os menores de 3. Os tickets hai que recollelos antes deste xoves na Taberna de Graba, Tapería Mirtithas, gasolinera Cepsa ou na tenda De-Cores.
Para máis información pódese contactar a través dos teléfonos 689 37 46 14 ou 669 29 53 40.