Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

Silleda mellora a coordinación do Servizo de Axuda no Fogar, SAF

Silleda mellorará o servizo de axuda no fogar, SAF, cunha app de coordinación entre os socio sanitarios e os empregados
concello-de-silleda-slide-17-abril-2024_r

Bisbarra, 17 de abril do 2024 – O Servizo de axuda no fogar, o SAF, converteuse en todos os concellos nun dos servizos máis importantes e Silleda o mellorará implementando una APP de coordinación.

Foi un dos compromisos adquiridos nas reunión que concello, auxiliares socio sanitarias e usuarios do SAF mantiveron nos últimos meses. A mellora da coordinación do servizo realizarase a través da contratación da aplicación CIBERSAD Profesional, ampliando así as ferramentas do sistema de xestión do servizo e facilitando o traballo entre ambas partes.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, agarda que “con este programa se mellore de xeito substancial a coordinación do servizo, o que redundará ademais nunha mellor atención ás persoas usuarias”.

A formación sobre esta nova plataforma informática que utilizará o SAF de Silleda será impartida polo persoal de coordinación a todas as auxiliares socio sanitarias. Unha das melloras que xa se están a levar a cabo é a continuidade da formación para profesionais socio sanitarias. Onte martes celebrouse a primeira das sesións formativas  para a mobilización de persoas dependentes.

Trátase dun curso exclusivo para as auxiliares socio sanitarias do SAF do Concello de Silleda que continuará o vindeiro martes día 23 tamén en horario de tarde.

Así mesmo, nas vindeiras xornadas realizarase outra das formacións, neste caso centrada en habilidades sociais, e que se vai impartir con persoal técnico do propio departamento municipal de Benestar Social.

Atención psicolóxica e bolsa de emprego

Por outra banda, e tamén a raíz das cuestións que xurdiron nas reunións ca plantilla, xa está tamén activo o servizo de atención psicolóxica para as auxiliares do SAF, que poderán solicitalo no propio departamento de Benestar.

“Sabemos que é un traballo duro e consideramos que ademais do esforzo físico hai unha parte emocional que é moi importante atender, en definitiva, coidar das persoas que coidan”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.

Dende o goberno municipal tamén se están a ultimar as bases para abrir un novo proceso de contratación de auxiliares ca correspondente bolsa de emprego. “Agardamos que o proceso se active nos vindeiros días de cara a ampliar a plantilla, o que nos permitirá reducir a lista de agarda deste servizo”, conclúe a alcaldesa.

Post navigation

Previous: A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de Interese Turístico Nacional
Next: Brión solicitará o Interese Turístico de Galicia para Santa Minia

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.