Bisbarra, 19 de outubro do 2022 – O BNG de Vila de Cruces denuncia unha nova avaría na barcaza de Portodemouros e pide que se esixa a súa substitución.
Explican que o servizo de ferri en Portodemouros estivo de novo parado por unha avaría e o anuncio fíxose, unha vez máis con retraso. A barcaza está parada durante cinco días, ata o vindeiro 21 e o cartel que o anunciaba púxose cando xa estaba detido o tránsito.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/06/20200618_CaminhosAuga_Ferri_Portodemouros-slide_r.jpg)
Os nacionalistas denuncias que os usuarios séntense maltratados pola empresa concesionaria e pola Xunta de Galicia que non a obriga a dar un servizo en condicións.
O voceiro do BNG en Vila de Cruces, Alejandro Fiuza, pide que o concello esixa a Naturgy o cambio de barca e garanta un servizo de calidade.