Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

Vedra participa, en Bruselas, no remate do proxecto Elabhause.rur

Vedra segue participando de proxectos europeos de desenvolvemento do rural e ven de estar en Bruselas no remate do proxecto Elabhause.rur ,
vedra-remata-proxecto-europeo-slide-25-abril-2024-(2)_r

Bisbarra, 25 de abril do 2024 – O concello de Vedra segue participando de proxectos europeos de desenvolvemento do rural e ven de asistir en Bruselas ao remate do proxecto Elabhause.rur.

Elabhause.rur é un proxecto liderado pola Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, da que Vedra é socio. Unha iniciativa que naceu inspirada pola filosofía da Nova Bauhaus Europea (NEB).

NEB é un termo adoptado pola Comisión europea para definir unha forma de entender os espazos do futuro como unha conexión entre medio ambiente, economía circular e cultura. O obxectivo é crear cidades máis sostibles, máis inclusivas, máis dixitais e esteticamente máis fermosas.

Durante dous anos de traballo os catro países participantes puideron compartir boas prácticas e crear espazos de debate para camiñar cara eses territorios rurais que compartan os valores da NEB.

Coincidindo co Festival da Nova Bauhaus organizado pola Comisión Europea en Bruxelas, celebrouse nesta cidade este último evento do Elabhause.rur o que permitiu aos prepresentantes de Vedra coñecer de primeira man o traballo que se está realizando noutros territorios europeos para acadar os valores promovidos dende a perspectiva da Nova Bauhaus.

Os participantes crearon ademais unha plataforma WIKI no que atopar máis información sobre a iniciativa e o traballo realizado. https://elabhause.eu/es/docs/elabhause-wikiplatform/

Post navigation

Previous: Evacúan o IES de Arzúa por risco de incendio
Next: Piden que Ames axude a legalizar os galiñeiros do concello

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.