Máis de 200 inscritos nunha das probas curtas máis duras da bisbarra
Vedra, 13/09/2016 – Xornada festiva a que se celebraba na ermida de Gundián, na Ponte Ulla en Vedra, xa que ademáis da romería a carreira chega as bodas de prata. O día acompañou cunha temperatura perfecta para o atletismo, algo que no restaba dureza a unha proba que tanto na saida como na chegada conta cunha subida non apta para cobardes.
Non so disfrutaron os maiores senon que as distintas categorías puideron probar a dureza da chegada a ermida. A boa participación dos cativos garante máis corredores nos próximos anos. Hai que destacar a boa organización que, combinado con que é unha das dúas únicas probas do circuito de carreira populares que non precisa de pago para inscribirse, fai que a participación sexa sempre excelente. Tedes todas as clasificacións no seguinte enlace : http://gundian.gal/clasificacion/
Lindeiros pasou por alí e aquí tedes unha pequena semblanza do que foi a proba.